Canterbury
Canterbury é unha pequena cidade do sueste de Inglaterra, non lonxe de Londres, sobre o río Stour, pertencente ao condado de Kent. Tiña 42.259 habitantes en 2001.
Índice |
[editar] Centro relixioso
Canterbury é o principal centro relixioso do Reino Unido por ser a sede do arcebispo de Canterbury, o líder espiritual da Igrexa de Inglaterra (é, xa que logo, o segundo líder cristián máis importante de Europa, logo do Papa de Roma). Desde 2003 ocupa o arcebispado Rowan Williams.
[editar] Historia
Poboada desde tempos prehistóricos, Canterbury xa foi un centro administrativo romano. Co fin da dominación de Roma, a cidade foi invadida polos xutos que asentaron alí o Reino de Kent. En 597, o misioneiro Agostiño desembarcou en Canterbury co obxectivo de iniciar a conversión dos anglosaxóns. Desde entón, a cidade foi un centro da relixión cristiá, converténdose rapidamente na sede do arcebispo primado de Inglaterra. Foi un importante centro de peregrinación durante a Idade Media, e fíxose soada na obra Os Contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer. En 1170 foi asasinado na súa catedral o arcebispo Tomé Becket.
É famosa a súa catedral, sede do arcebispo.