Mabon ap Modron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mabon ap Modron (Mabon fillo de Modron) é na mitoloxía galesa, o «fillo divino» de Modron, a «nai divina», e de Gwynn ap Nudd. Deus cazador, é o equivalente do deus galo Maponos e do deus irlandés Oengus, membro dos Tuatha Dé Danann. Aparece especialmente no conto titulado Kulhwch ac Olwen.

Elementos mitolóxicos[editar | editar a fonte]

Roubáronllo á súa nai tres días despois de nacer e estivo secuestrado no Annwvyn, o Alén dos galeses, ata que o liberou Kulhwch e o rei Arturo. O sitio onde o mantiveron prisioneiro chámase Caer Loyw, descrito como unha illa preto da costa (Kei e Bedwyr chegan a ela sobre o «lombo» dun salmón). Este Caer Loyw é probabelmente Gloucester. Presentado como un «home primordial», é un mediador entre os deuses e os homes. A súa estancia no Annwvyn confírelle a xuventude perpetua.

Logo axuda a Kulhwch na súa procura de Olwen, na caza do xabarín Twrch Trwyth: considerado o mellor cazador do mundo, só el pode recuperar a cadea do can Kilydd Canhastyr. Despois debe cabalgar a montura de Gweddw, o «Branco de crinas sombrías» e roubar a navalla do xabarín.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]