Geraint fillo de Erbin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Geraint fillo de Erbin é un poema medieval galés que honra ao heroe Geraint e as súas fazañas na Batalla de Llongborth. O poema consiste en estanzas tipo englyn de tres versos cada unha e persiste en varias versións, todas en galés medio. A versión máis vella das que temos está no Libro Negro de Carmarthen, completado sobre 1250, malia o poema poder ter sido composto no século X ou no XI.[1] o poema é importante pola súa antiga mención do nome do rei Artur.

Poema e contexto[editar | editar a fonte]

O protagonista do poema, Geraint mab Erbin, foi unha figura popular na tradición galesa e é coñecida a través dunha series de fontes subsecuentes. Xenealoxías posteriores asóciano co suroeste da Gran Bretaña e o sur de Gales a finais do século VI.[2] O antigo poema Y Gododdin menciona un "Geraint desde o sur"[3], probabelmente unha referencia a Geraint mab Erbin.[4] con todo, Geraint acadou a súa meirande fama como o heroe da novela en prosa Geraint ac Enid, un conto que segue a narrativa da obra francesa Érec et Énide de Chrétien de Troyes'.[2][5]

Geraint fillo de Erbin fai un grande uso da repetición ao celebrar as fazañas de Geraint en Llongborth, que podería identificarse con Langport, Somerset, aínda que llongborth pode referirse a un "porto de barcos", semellante ao longphort viquingo en Irlanda.[6][7] Cada englyn repite a forma dos outros con maior ou menor variación.[6] Unha estanza contén unha mención do rei Artur e refírese a el como amerauder, ou emperador.[7] Esta é a primeira referencia coñecida a Artur como emperador, un título usado frecuentemente en obras tardías pero case ausente en material antigo.[6] A asociación con Artur tamén amosa que desde unha tan antiga época Geraint estaba sendo levado á órbita de Artur, un proceso que se repite noutros heroes da tradición galesa.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bollard, pp. 14–16.
  2. 2,0 2,1 Bollard, p. 14.
  3. Na estanza LXXXVII.
  4. Bollard, pp. 14–15.
  5. Jones, Mary. "Geraint son of Erbin" Arquivado 08 de xuño de 2011 en Wayback Machine.. Recuperado o 9 de setembro de 2009.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Bollard, p. 15.
  7. 7,0 7,1 Koch, p. 804.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bollard, John K.: Arthur in the Early Welsh Tradition The Romance of Arthur: An Anthology of Medieval Texts in Translation. 1994. pp. 11–23.
  • Bryce, Derek (ed.): Arthur and the Britons in Wales and Scotland by W. F. Skene. Llanerch Enterprises. 1988.
  • Koch, John T: Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. CLIO. 2006.