Fonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fonte
Fonte da Ribeira, Sarria, a principios do século XX

Unha fonte ou un manancial é unha fonte natural de auga que brota da terra ou entre as rochas. Pode ser permanente ou temporal. Orixínase na filtración de auga de chuvia que penetra nunha área e emerxe noutra, de menor altitude, onde a auga non está confinada nun conduto impermeábel. Estas surxencias acostuman ser abondosas en relevos kársticos. Os cursos subterráneos ás veces quecen polo contacto con rochas ígneas e afloran como augas termais.

Os pozos artesianos son manantes artificiais provocados polo home mediante unha perforación a grande profundidade e na que a presión da auga é tal que a fai emerxer na superficie.

Os antigos gregos e romanos rendíanlles culto ás fontes naturais, que xeralmente eran consagradas a un deus ou a unha deusa. O famoso manante de augas termais de Bath, no suroeste de Gran Bretaña, foi consagrado polos romanos a Minerva, deusa da sabedoría e da guerra. As fontes ornamentais, nas cidades dos séculos XVII a comezos do XX, acostuman evocar ese carácter sagrado dos manantes mediante formacións escultóricas que representaban ás antigas deidades da auga.

Metaforicamente manantes e fontes consideráronse nun senso figurado orixe de algo: "Esa idea foi o manante de distintas doutrinas", "O seu pensamento bebe de fontes marxistas", etc. e tamén para moitos acordos comercias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]