Antonio Banderas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Banderas
Antonio Banderas.jpg
Banderas no 2010
Nacemento José Antonio Domínguez Banderas
10 de agosto de 1960 (53 anos)
Benalmádena, Málaga
España
Profesión actor
Cónxuxe(s) Ana Leza (1987–1995)
Melanie Griffith (1996– )
Fillo(s) Stella del Carmen
Ficha na IMDb

José Antonio Domínguez Banderas, nado en Benalmádena (Provincia de Málaga) o 10 de agosto de 1960, é un actor andaluz. É o intérprete masculino máis internacional de España e está considerado como unha estrela do panorama cinematográfico de Hollywood. De feito, Antonio Bandeiras foi o primeiro actor español que conseguiu estabilizarse no cine norteamericano.

Con máis de vinte e cinco anos de traxectoria profesional, ten unha fama internacional que non se esvaeceu desde que a comezos dos anos noventa se lanzase ao abismo do cine norteamericano. Está casado coa tamén estrela de Hollywood Melanie Griffith e xuntos forman unha das parellas máis estables e equilibradas do cine mundial.

É o primeiro (e único) actor español en ser nomeado aos Globos de Ouro, aos Premios Tony e aos Premios Emmy.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai foi comisario de policía e a súa nai mestra de educación sexual. Estudou na Escola de arte dramática da capital da Costa do Sol. A súa vocación levouno ata Madrid, onde con 19 anos actúa en pequenos teatros durante a época da movida madrileña. Os seus comezos no cine e os seus primeiros éxitos débellos ao famoso director de cine Pedro Almodóvar durante a década dos 80, grazas ao cal recibe dúas candidaturas aos Premios Goya polas películas Matador (1986) e ¡Átame! (1989). Realizou con el cinco películas, algunhas delas con grandes éxitos como foron La ley del deseo (1987) ou Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988), que foi nominada ao Oscar como mellor película de fala non inglesa.

Grazas ás películas de Almodóvar, o nome de Antonio Bandeiras empeza a facerse popular nos círculos cinéfilos de medio mundo. Unha afortunada aparición no filme documental Truth or dare lanza a Bandeiras á fama; todos preguntan quen é ese "latin lover" que volve tola a Madonna e que ela non consegue seducir (estaba casado).

En 1988 casa con Ana Leza; divórcianse en 1996. Posteriormente contrae matrimonio coa actriz norteamericana Melanie Griffith, á que coñece durante a rodaxe da película Two Much do cineasta español Fernando Trueba. A parella ten unha filla, Stella del Carmen, e os tres residen en Hollywood, onde o actor emprende unha proveitosa carreira cinematográfica. É o actor máis famoso do país, e un dos máis importantes dos actores latinos.

Antonio Bandeiras escalou posicións no cine norteamericano en poucos anos, con papeis de co-protagonista en The Mambo Kings, Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles (xunto a Brad Pitt e Tom Cruise), Original Sin (con Angelina Jolie) e Evita (con Madonna), onde aborda un papel musical con difíciles cancións. Alén disto, cantou un tema para a banda sonora de Desperado e un dueto con Tina Turner.

Co seu éxito, atrévese ademais como director de cine con películas como Crazy in Alabama 1999, a cal protagoniza a súa propia muller e a recente El camino de los ingleses, cuxa rodaxe se desenvolveu en Málaga. Tamén puxo voz ao personaxe do Gato con Botas na segunda e terceira partes da exitosa película de animación Shrek e está previsto que o faga nas seguintes secuelas que se preparan.

Un dos seus últimos traballos como actor é The Legend of Zorro, estreada en 2005 e coa que se suma a outras moitas películas sobre este heroe enmascarado. Tamén obtivo un grande éxito comercial coas tres entregas de Spy Kids e participou no filme Frida sobre a coñecida artista mexicana Frida Kaloh á que deu vida Salma Hayek.

Como empresario, Antonio Bandeiras, xunto co seu irmán, emprendeu unha serie de negocios como investidor en diferentes empresas andaluzas ou en restaurantes como "La Posada de Antonio" utilizando a súa proxección internacional como medio de publicidade en Estados Unidos.

Foi nomeado Fillo Predilecto da Provincia de Málaga o 7 de xuño de 2005.

Semana Santa[editar | editar a fonte]

Adoita acudir coa súa familia cada ano á Semana Santa Malagueña, autodenominase confrade. É membro das Cofradias Fusionadas de San Xoán, onde participa como Mordomo do Trono da Virxe de Bágoas e Favores, o Domingo de Ramos, engadir que compuxo a letra da Márcha "Lágrimas de San Juan" de Abel Moreno, Marcha que se converteu nun Himno á Virxe de Bágoas e Favores e é cantado polos Homes de Trono no transcurso da Procesión. Tamén leva sobre os seus ombreiros a Virxe da Esperanza cada noite de Xoves Santo, e confésase crente.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmografía como director[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
1996 Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista Two Much Candidato
1990 Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista ¡Átame! Candidato
1986 Premio Goya á mellor interpretación masculina de reparto Matador Candidato

Fotogramas de Prata[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
1993 Mellor actor de cine ¡Dispara! Candidato
1992 Mellor actor de cine Una mujer bajo la lluvia e The Mambo Kings Candidato
1990 Mellor actor de cine ¡Átame!, La blanca paloma e Contra el viento Gañador
1990 Mellor actor de televisión La mujer de tu vida: La mujer feliz Candidato
1988 Mellor actor de cine Así como foran, Mujeres al borde de un ataque de nervios e O pracer de matar Gañador
1987 Mellor actor de cine La ley del deseo e Delirios de amor Candidato
1985 Mellor actor de cine Caso cerrado, La corte del faraón e Réquiem por un campesiño español Gañador

Globos de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2004 Globo de Ouro ó mellor actor - Miniserie ou telefilme And starring Pancho Vila as himself Candidato
1999 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical A máscara do Zorro Candidato
1997 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical Evita Candidato

Premios do cine europeo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
1998 Premio da audiencia ó mellor actor protagonista de cine A máscara do Zorro Gañador

Premios Tony[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2003 Mellor actor principal nun musical Nine Candidato

Premios Emmy[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2004 Outstanding lead actor in a miniseries or a movie And starring Pancho Vila as himself Candidato

Premios Mocidade[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2006 ¡Que actorazo! Take the lead Gañador
2005 ¡Que actorazo! The Leyend of Zorro Gañador


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]