Benin City

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Benin City.


Benin City, antigamente chamada tamén Edo, capital do Estado Edo, ao sur de Nixeria. En 2003 contaba cunha poboación de 1.082.100 habitantes.

As principais industrias son o caucho e o aceite de palma. A cidade é tamén célebre pola súa artesanía.

Historia[editar]

No século XV Benin City foi a capital do Reino de Benín, baixo o goberno de Oba Ewuare.

A cidade foi destruída en 1897 por os británicos durante a chamada Expedición Punitiva en Benin.

Ao principiar a Guerra de Biafra, en 1967, foi a capital do efémero estado secesionista chamado República de Benín (non confundir coa actual República de Benín, tamén chamada Dahomei), pero o exército federal nixeriano non tardou en retomar o control.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: