Cromosoma 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chromosome 6.svg

O Cromosoma 6 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Igual ca ocorre cos demais cromosomas (agás o X e Y nos homes), nas células haploides hai un só cromosoma 6, e nas diploides hai dous (un par). Pola posición do centrómero considérase un cromosoma submetacéntrico. O cromosoma 6 contén case 170 millóns de pares de bases, polo que é un dos cromosomas máis longos secuenciados ata agora[1]) e representa entre o 5,5 e o 6 % do total do ADN na célula. Entre outros xenes, nel encóntrase o complexo maior de histocompatibilidade (CMH ou, en inglés, MHC), tamén chamado sistema HLA, que contén arredor de 100 xenes e está relacionado coa resposta inmunitaria do organismo, que xoga un papel fundamental nos trasplantes de órganos.

Como para a identificación de xenes se utilizan diversos métodos, o número de xenes estimada para un determinado cromosoma pode variar segundo o método utilizado. Calcúlase que o cromosoma 6 probablemente ten entre 2.000 e 2.057 xenes. [2]

Xenes[editar | editar a fonte]

Algúns dos xenes localizados no cromosoma 6 son:

Enfermidades e alteracións[editar | editar a fonte]

Algunhas enfermidades relacionadas co cromosoma 6 son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mungall AJ et álii (2003). "The DNA sequence and analysis of human chromosome 6". Nature 425 (6960): 805–11. DOI:10.1038/nature02055. PMID 14574404. 
  2. NCBI Map Viewer [1]
  3. Matsuda, L A, S J Lolait, M J Brownstein, A C Young, and T I Bonner. "Structure of a cannabinoid receptor and functional expression of the cloned cDNA." Nature, 1990: 346:561-564.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]