Cetoácido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os cetoácidos, tamén chamados oxoácidos, son compostos orgánicos que conteñen un grupo carboxilo e un grupo cetona. Os alfa-cetoácidos son especialmente importantes en bioloxía xa que algúns deles interveñen no ciclo de Krebs e na glicólise. [1] Nalgúns casos o grupo cetona é hidratado.

Tipos[editar | editar a fonte]

Os tipos máis comúns de cetoácidos son:

  • Alfa-cetoácidos, ou 2-oxoácidos. Teñen o seu grupo cetona adxacente ao grupo carboxilo. Exemplos son: o ácido pirúvico, ácido oxalacético e ácido glicólico.[2]
  • Beta-cetoácidos ou 3-oxoácidos. Teñen o grupo cetona situado no segundo carbono contado a partir do grupo carboxilo. Un exemplo é o ácido acetoacético.
  • Gamma-cetoácidos ou 4-oxoácidos. Teñen o grupo cetona situado no terceiro carbono contado a partir do grupo carboxilo. Un exemplo é o ácido levulínico.

Funcións[editar | editar a fonte]

Os alfa-cetoácidos utilízanse principalmente como fonte de enerxía polas células do fígado (hepatocitos) e na síntese de ácidos graxos hepática.

O oxalacetato é importante no ciclo de Krebs e na gliconeoxénese. Tamén intervén no ciclo de Krebs o cetoácido alfa-cetoglutarato.

O piruvato é o produto final da glicólise, que pode ser despois "respirado" nas mitocondrias ou fermentado no citosol.

Os aminoácidos cetoxénicos poden ser desaminados no noso metabolismo e orixinaren alfa-cetoácidos e corpos cetónicos.

Un caso especial é o do ácido neuramínico, que é un ácido cetoaldónico ou ulosónico, que leva un grupo cetona e un grupo carboxilo, pero tamén un grupo amino, e grupos OH e forma moléculas cicladas, polo que en vez de como cetoácido se clasifica como azucre ácido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nelson, D. L.; Cox, M. M. "Lehninger, Principles of Biochemistry" 3rd Ed. Worth Publishing: New York, 2000. ISBN 1-57259-153-6.
  2. "α-Oxocarboxylic Acids" Robert C. Kerber, Marian S. Fernando J. Chem. Educ., 2010, doi 10.1021/ed1003096

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]

  • MeshName - Keto+Acids [1]