Club de Rugby El Salvador
| Nome completo | Club de Rugby El Salvador | ||
| Alcume(s) | Chamizos | ||
| Fundación | 1960 | ||
| Localización | Valladolid, España | ||
| Estadio(s) | Campos de Pepe Rojo | ||
| Capacidade | 5000 | ||
| Presidente | Juan Carlos Matín | ||
| Adestrador | Juan Carlos Pérez | ||
| Capitán | Pablo Feijoo | ||
| Máx. Anotador | |||
| Máis ensaios | |||
| Liga | División de Honra | ||
| Tempada | 2011-2012 | ||
| Posición | 7º | ||
| Páxina web oficial | |||
|
|||
O Club de Rugby El Salvador, denominado Cetransa El Salvador por razóns de patrocinio, é un equipo de rugby da cidade de Valladolid, na comunidade autónoma de Castela e León. O club, fundado en 1960, é un dos máis laureados do rugby español, sendo quen de acadar 7 títulos de liga e 6 de copa entre outros títulos.
As cores clásicas do equipo son o negro e o branco, e os seus seareiros son coñecidos polo alcume de Chamizos.
É moi salientable a rivalidade que o Club de Rugby El Salvador mantén con outro equipo da cidade pucelana, o Valladolid Rugby Asociación Club (VRAC). Ámbolos dous equipos disputan os seus encontros como locais nos Campos de Pepe Rojo, unhas instalacións municipais inauguradas en 1981 con capacidade para acoller a 5000 persoas sentadas nas bancadas. Entre as tempadas 1997/98 e 2011/12 os dous equipos de Valladolid gañaron 9 das 15 ligas en xogo, e 7 das 15 copas en xogo, velaí a súa relevancia.
Índice |
Historia [editar]
Primeiros anos [editar]
Jorge Bernés, un mestre de francés no colexio El Salvador de Valladolid, foi o fundador en 1960 do Club de Rugby El Salvador. O nacemento deste club tivo como obxectivo a difusión do rugby entre os rapaces, que xa no primeiro ano de competición acadaron os campionatos de España nas categorías benxamín, alevín e infantil. Deste xeito, o club naceu cunha filosofía baseada no coidado da canteira. Os estudantes do colexio El Salvador repartíronse entre os que practicaban atletismo e os que practicaban rugby.
O equipo sénior, formado por antigos alumnos do colexio, acadou o ascenso á máxima categoría do rugby nacional en 1970, e xa na súa primeira tempada saíu subcampión de liga, só por detrás do gran Real Canoe Natación Club madrileño, ante o cal tamén caeu na final da Copa do Rei. O equipo mantivo o seu gran nivel competitivo nas seguintes dúas tempadas, acadando un novo subcampionato de liga na tempada 1971-1972 e o terceiro posto na tempada 1972-1973.
Malia todo, a crise económica de 1973 obrigou a que o colexio lle vendese os dereitos deportivos do primeiro equipo sénior á Universidade de Valladolid, cuxa sección deportiva chegaría a competir en 14 das 16 seguintes tempadas na División de Honra, sen éxitos salientables.
Resurrección [editar]
O club tivo que crear un novo equipo sénior e comezar de novo dende as categorías rexionais. A volta á elite do rugby nacional foi un camiño lento. En 1978 o equipo acadou o ascenso á categoría de prata, que por aquel entón era a Primeira Nacional. Durante 8 tempadas o Club de Rugby El Salvador competiu nesa categoría acadando bos resultados, e rematando case sempre entre os 3 primeiros clasificados do seu grupo. Foi durante eses anos cando se fixeron os campos de Pepe Rojo, que pasarían a ser o novo fogar do equipo.
O agardado ascenso chegou en 1986, e xa na tempada 1987/88 amosou a súa recuperación total acadando o 3º posto definitivo na táboa. Despois de obter un 5º posto ó ano seguinte, na tempada 1989/90 o El Salvador colleitou o subcampionato de liga por detrás do Club Deportivo Arquitectura madrileño, que por aqueles anos dominaba a competición xunto á Unió Esportiva Santboiana.
Pero aquilo non era todo. Na tempada 1990/91 o Club de Rugby El Salvador liderou a clasificación da liga de comezo a fin, gañando por vez primeira o torneo de liga, e sen perder ningún encontro. Como campión de liga, o club tivo a honra de representar a España na edición 1991/92 da Copa Ibérica, enfrontándose ó campión portugués, o Sport Lisboa e Benfica, ó que venceu por 13-0, facéndose co seu primeiro título internacional. Na tempada 1992/93 o equipo acadou a súa primeira Copa do Rei, batendo nesta ocasión ó Getxo Rugby Taldea por 13-6. Así pois, trala súa volta á máxima categoría do rugby español, o El Salvador gañou neses tres primeiros anos da década dos noventa as tres competicións oficiais que existían daquela: a División de Honra, a Copa do Rei e a Copa Ibérica.
Dende o profesionalismo [editar]
Trala declaración do profesionalismo do rugby, que foi proclamada pola IRB en 1995, os equipos acadaron o dereito de pagarlle ós seus xogadores por xogar. Isto tiña que favorecer ós clubs cunha mellor situación económica e cunha maior implantación social. Malia iso, a primeira tempada do CR El Salvador no marco do novo rugby profesional foi moi mala, e rematou co descenso de categoría, o primeiro que padeceu o club por méritos deportivos na súa historia. Na seguinte tempada, a 1996/97, o club fíxose co primeiro posto na Primeira División Nacional, acadando o ascenso á máxima categoría ó primeiro intento.
Entón, na tempada 1997/98, aquel equipo acadou un fito no rugby español, gañando a liga no seu primeiro ano de volta á División de Honra, axudado pola capacidade anotadora de ensaios de Asís García, que liderou a táboa da competición. Despois deste segundo título de liga para o club, na seguinte tempada o seu palmarés medrou cunha nova Copa Ibérica ó bater ó AEIS Técnico portugués por 29-15, e cunha nova Copa do Rei ó bater ó Real Canoe na final por 27-19.
Nos seguintes anos, movidos polo semiprofesionalismo practicado no club, chegaron ó CR El Salvador varios novos xogadores chegados dende Arxentina, salientando Esteban Roqué. Dous subcampionatos de liga e un subcampionato de copa despois, nas tempadas 2002/03 e 2003/04 o equipo gañou a liga amosando unha gran superioridade. Só era o comezo dunha década, a primeira do século XX, que sería a máis importante da historia desta entidade deportiva. Entre as tempadas 2001/02 e 2009/10 El Salvador acadou 5 campionatos de liga e 4 subcampionatos, así como 3 títulos de copa, converténdose no equipo de rugby de referencia en España.
SIR e Vacceos [editar]
En 2009 naceu un proxecto de competición 100% profesional baseado nun sistema de liga pechada composta de franquías. A idea era que as franquías fosen creadas sobre a base dos principais clubs de rugby de España. A Liga Superibérica, coñecida popularmente como SIR, tivo finalmente unha soa edición, nese mesmo ano 2009, e contou con 6 equipos. Un deles foi Vacceos Cavaliers, con sede en Valladolid, que tivo un cadro de xogadores e técnicos que pertencían principalmente ó CR El Salvador. Malia que o equipo acadara o subcampionato de División de Honra na tempada 2008/09, na SIR os Vacceos remataron no 5º posto. A Liga Superibérica non tivo máis edicións.
Palmarés [editar]
Competicións nacionais [editar]
- Posición do Club de Rugby El Salvador nas competicións nacionais dende 1970
| Categoría | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 | 70 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Div.Honra | 7 | 3 | 1 | 2 | 1 | 1 | 2 | 2 | 1 | 1 | 2 | 7 | 2 | 5 | 1 | 9 | 6 | 3 | 7 | 6 | 1 | 2 | 5 | 3 | 8 | 3 | 2 | 2 | |||||||||||||||
| Div.HonraB | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1ªNacional | 1 | 2 | 1 | 6 | 3 | 2 | 3 | 2 | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Copa | 2 | 1 | 2 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 | 2 |
A División de Honra comezou a disputarse en 1970. Trala tempada 1972-73, El Salvador deixou a competición ligueira por problemas económicos. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º. A final de copa de 1971 foi a primeira final que disputou El Salvador.
- Tempadas completadas en División de Honra
- Con 42 tempadas: UE Santboiana
- Con 31 tempadas: CRC Madrid
- Con 29 tempadas: CR Cisneros, CD Arquitectura
- Con 28 tempadas: CR El Salvador, Getxo RT
- Con 25 tempadas: CR Ciencias
- Con 22 tempadas: Valencia RC
- Con 21 tempadas: VRAC
- Outros.
Categoría sénior [editar]
De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior masculino do club en competicións oficiais ó longo da súa historia, baixo as varias denominacións coas que ten competido:
- Liga Española de rugby: 7 títulos.
- Copa do Rei de rugby: 6 títulos.
- 1ª posición: 1992/93, 1998/99, 2004/05, 2005/06, 2006/07, 2010/11
- 2ª posición: 1970/71, 1999/00, 2007/08, 2011/12
- Copa Ibérica de rugby: 4 títulos.
- 1ª posición: 1991/92, 1998/99, 2003/04, 2004/05
- 2ª posición: -
- Supercopa de España de rugby: 5 títulos.
- 1ª posición: 2003/04, 2004/05, 2005/06, 2006/07, 2007/08
- 2ª posición: 2010/11, 2011/12
Competicións europeas [editar]
O Club de Rugby El Salvador é o equipo español cun maior número de participacións nas competicións europeas. Malia todo, nunca participou na máxima competición europea, a Heineken Cup, reservada para equipos ingleses, franceses, galeses, escoceses, irlandeses e italianos; nin foi quen de clasificarse nunca para uns cuartos de final das outras competicións continentais secundarias. A primeira das súas participacións foi na tempada 2003/04, na que primeiro disputou a fase previa da European Challenge Cup, sendo eliminado, polo cal disputou a European Shield, na que tampouco tivo éxito.
| Competición | Títulos | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| - |
| Competición | Títulos | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 0 | g | g | g | ⅛ | p |
| Competición | Títulos | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 0 | ⅛ |
- ⅛ = Oitavofinalista; g = Caeu na fase de grupos; p = Caeu nunha fase previa á competición.
Tempada actual [editar]
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1º | 85 | 22 | 17 | 0 | 5 | 14 | 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2º | 81 | 22 | 16 | 2 | 4 | 11 | 2 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 3º | 75 | 22 | 15 | 0 | 7 | 13 | 2 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 4º | 68 | 22 | 13 | 1 | 8 | 9 | 5 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 5º | 65 | 22 | 12 | 2 | 8 | 10 | 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 6º | 60 | 22 | 12 | 2 | 8 | 6 | 2 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 7º | 50 | 22 | 8 | 0 | 14 | 11 | 7 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 8º | 50 | 22 | 9 | 0 | 13 | 9 | 5 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 9º | 50 | 22 | 9 | 0 | 13 | 9 | 5 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 10º | 44 | 22 | 8 | 1 | 13 | 6 | 4 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 11º | 32 | 22 | 6 | 0 | 16 | 5 | 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 12º | 17 | 22 | 3 | 0 | 19 | 3 | 2 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 4 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.
<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>> En azul as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xogadores [editar]
A seguinte táboa amosa os xogadores que formaron parte do primeiro equipo do El Salvador na tempada 2012-13.[1]
| Club de Rugby El Salvador | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores do primeiro equipo | Corpo técnico | ||||||||
|
|
|
|
Adestrador
Data: 3 de outubro de 2012 |
|||||
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Outros artigos [editar]
|
||||||||||||||