Gernika Rugby Taldea
| Nome completo | Gernika Rugby Taldea | ||
| Alcume(s) | Basurde (en euskera xabarín) | ||
| Fundación | 1973 | ||
| Localización | Gernika-Lumo, Euskadi |
||
| Estadio(s) | Estadio de Urbieta | ||
| Capacidade | |||
| Presidente | José Alberto Pradera | ||
| Adestrador | |||
| Capitán | |||
| Máx. Anotador | |||
| Máis ensaios | |||
| Liga | División de Honra | ||
| Tempada | 2011-12 | ||
| Posición | 6º e semifinalista | ||
| Páxina web oficial | |||
|
|||
O Gernika Rugby Taldea (en castelán, Club de Rugby Gernika) é un club de rugby da vila de Gernika-Lumo, en Biscaia, Euskadi. Xoga na División de Honra, a máxima categoría do rugby español.
O campo no que xoga como local é Urbieta. As súas cores distintivas son o verde e o negro.
Índice |
Historia [editar]
O Gernika Rugby Taldea, foi fundado o 18 de maio de 1973 por uns entusiastas do rugby desta vila biscaíña, sendo, así mesmo, o primeiro equipo que xurdiu en Biscaia fora de Bilbao.
En 1977, o equipo ascendeu de categoría. En 1981, volve ascender, desta vez á Primera División Nacional (a actual División de Honra B).
O 14 de Maio de 1983 Gernika-Lumo acolleu o debut da selección de rugby de Euskadi, nun ateigado Campo de Santa Lucía, onde Gales B gañou por 3-24.
Na década dos '80, o club experimenta un grande crecemento que lle fai afianzarse na segunda categoría. Na tempada 1983-84 gaña o título de Campión da Liga de Primeira División - Grupo Norte, desputando sen éxito os playoffs de ascenso contra os outros clubes campións: CDU Valladolid, CR Cisneros e Club Natació Barcelona.
A principios dos '90 acada dous grandes logros para a historia do rugby en Biscaia: o campionato de Primeira División Nacional, e o ascenso directo á máxima categoría do rugby, a División de Honra, en 1990; e a participación, por primeira vez na súa historia na final da Copa do Rei en 1991, na que se enfrontou ao Getxo Rugby Taldea, e que perdeu por 32-15. Estes éxitos víronse empañados polo descenso de categoría, en 1993.
Na primeira década do século XXI, na tempada 2005-06, o Gernika R.T. volve ascender e consigue afianzarse na segunda categoría, a División de Honra B. Destaca de xeito especial dende esa tempada, pois sempre acada praza entre os catro primeiros do seu grupo. Ademais, nas tempadas 2007-08 e a 2008-09 consigue clasificarse para xogar os playoffs de ascenso á máxima categoría, á vez que se proclama Campión da División de Honra B e acada o ascenso directo á máxima categoría do rugby, a División de Honra. Destaca o feito, nesta última campaña, que contou tódolos partidos por vitórias, e logra por segunda vez na súa historia o ascenso á División de Honra, vencendo por 37-10 ao Atlético Portuense o 26 de abril de 2009.
Dende os seus primeiros anos, este club se comprometeu na formación e promoción do rugby no municipio e nas localidades do seu contorno. Formouse un segundo equipo sénior e outros de categorías inferiores, que xogan nas ligas territoriais vascas. Esta vocación viuse recompensada coa consecución de varios títulos en todas as categorías do rugby vasco dende a súa fundación ata a actualidade.
Na tempada 2010-11, o equipo acadou a súa mellor participación na liga, rematando na 4ª posición da clasificación final.
Palmarés [editar]
- Posicións do club en competicións nacionais dende a súa fundación
| Categoría | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Div.Honra | 6 | 4 | 8 | 12 | 8 | 7 | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| Div.HonraB | 1 | 2 | 4 | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1ªNacional | 1 | 3 | 5 | 5 | 4 | 7 | 4 | 4 | 6 | 3 | 9 | 1 | 3 | 3 | 5 | 5 | 4 | 1 | 2 | 5 | 5 | 4 | 8 | |||||||||||||||||
| Copa | 2 |
A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.
- 6 Tempadas na División de Honra: 1981-82, 1990-91, 1991-92, 1992-93, 2009-10 e 2010-11
- 1 Campionato de División de Honra B: 2008-09
- 3 Campionatos de Primeira División Nacional: 1983-84, 1989-90 e 2004-05
- 1 Subcampionato da Copa do Rei: 1991
Tempada actual [editar]
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1º | 85 | 22 | 17 | 0 | 5 | 14 | 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2º | 81 | 22 | 16 | 2 | 4 | 11 | 2 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 3º | 75 | 22 | 15 | 0 | 7 | 13 | 2 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 4º | 68 | 22 | 13 | 1 | 8 | 9 | 5 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 5º | 65 | 22 | 12 | 2 | 8 | 10 | 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 6º | 60 | 22 | 12 | 2 | 8 | 6 | 2 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 7º | 50 | 22 | 8 | 0 | 14 | 11 | 7 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 8º | 50 | 22 | 9 | 0 | 13 | 9 | 5 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 9º | 50 | 22 | 9 | 0 | 13 | 9 | 5 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 10º | 44 | 22 | 8 | 1 | 13 | 6 | 4 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 11º | 32 | 22 | 6 | 0 | 16 | 5 | 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 12º | 17 | 22 | 3 | 0 | 19 | 3 | 2 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 4 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.
<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>> En azul as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
||||||||||||||