Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Copa do Rei é a competición nacional de rugby máis antiga de España. Naceu en 1926 como Campionato de España por iniciativa da Federación Española de Rugby, que fora fundada pouco tempo antes. O formato orixinal do torneo consistía nunha liga na que se enfrontaban os diversos campións rexionais, inicialmente os campións de Cataluña e Castela, e en anos posteriores outros equipos. Durante décadas foi o máximo campionato de rugby existente en territorio español, pasando por varias denominacións, como "Campionato de España" ou "Copa do Xeneralísimo", ate que en 1970 foi creada a División de Honra da Liga Española de Rugby. Dende entón a Copa do Rei ocupa o segundo posto en importancia dentro do calendario rugbístico español. O gañador da Copa do Rei acada o dereito a disputar a Supercopa de España fronte ó campión de liga.
O equipo máis laureado da historia da Copa do Rei de rugby é o FC Barcelona, gañador de 16 edicións, seguido pola UE Santboiana, que gañou 11 torneos. O vixente campión é o Ordizia RE.
No actual formato enfróntanse os 12 equipos da División de Honra. Nunha primeira fase os equipos están divididos en 3 grupos, disputándose unha liguiña. Os mellores equipos de cada grupo pasan ás semifinais. A final dispútase nun campo neutral.
-
- Actual edición: Copa do Rei de Rugby 2012-2013
- Pasada edición: Copa do Rei de Rugby 2011-2012
Por Campionatos gañados [editar]
| Equipo |
Títulos |
Anos |
Federación |
| FC Barcelona |
16 |
1926, 1930, 1932, 1942, 1944, 1945, 1946, 1950, 1951, 1952, 1953, 1955, 1956, 1965, 1983, 1985 |
 |
| UE Santboiana |
11 |
1931, 1933, 1943, 1948, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1989, 2000 |
 |
| CRC Madrid1 |
10 |
1964, 1966, 1970, 1971, 1974, 2001, 2002, 2003, 2008, 2009 |
 |
| CR El Salvador |
6 |
1993, 1999, 2005, 2006, 2007, 2011 |
 |
| CD Arquitectura |
6 |
1976, 1980, 1981, 1984, 1986, 1988 |
 |
| At.San Sebastián |
4 |
1968, 1972, 1973, 1975 |
 |
| CR Cisneros |
4 |
1967, 1969, 1979, 1982 |
 |
| Getxo RT |
4 |
1990, 1991, 1992, 1997 |
 |
| CR Ciencias |
3 |
1994, 1995, 1996 |
 |
| SEU Madrid |
3 |
1941, 1947, 1954 |
 |
| CN Barcelona |
2 |
1957, 1963 |
 |
| CAU Madrid |
2 |
1977, 1978 |
 |
| VRAC |
2 |
1998, 2010 |
 |
| Ordizia RE |
2 |
2012, 2013 |
 |
| Bera Bera RT |
1 |
2004 |
 |
| Atlético Madrid |
1 |
1949 |
 |
| RS Gimnástica |
1 |
1935 |
 |
| Real Madrid CF |
1 |
1934 |
 |
| Olímpico RC |
1 |
1987 |
 |
|
1 O CRC Madrid e o Canoe NC son o mesmo club.
|
Títulos por Federación [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
División de Honra de Rugby
|
|
| Equipos 2012/13 |
|
|
| Tempadas |
|
|
| Competicións nacionais |
|
|
| Torneos desaparecidos |
|
|