CRC Pozuelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CRC Madrid")
Rugby Atlético de Madrid
Nome completo Club de Rugby CRC Pozuelo Madrid
Alcume(s) Canoe
Fundación 1963
Localización Tres Cantos Comunidade de Madrid
España España
Estadio(s) Estadio Gabriel Parellada
Capacidade 1000
Presidente España Pedro Monzón
Adestrador España José Antonio Barrio
Capitán España Javier Canosa
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga División de Honra B
Tempada 2012-13
Posición 6º e semifinalista
Páxina web oficial
Na súa casa


Fóra


O Club Rugby CRC Pozuelo Madrid (popularmente CRC Madrid), denominado Rugby Atlético de Madrid dende 2012[1], é un club madrileño de rugby que compite na División de Honra do rugby español. Trátase dun dos clubs máis laureados do rugby nacional. Ten a súa sede en Pozuelo de Alarcón, na Comunidade de Madrid, e xoga os seus encontros como local no Centro Deportivo Gabriel Parellada de Tres Cantos.

As cores tradicionais da entidade son o amarelo e o branco, pero dende o convenio do club co Atlético de Madrid do ano 2012, o equipo viste camisola branca e vermella e pantalón azul.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

As orixes do club están no Canoe Natación Club madrileño, que fundou unha sección de rugby no ano 1963, formado na meirande parte por xogadores do Club Argüelles. Daquela o Canoe tamén tiña sección de natación, waterpolo, baloncesto e salto de trampolín. Mesmo a pesar de ser un equipo novo e con poucos medios, xa no seu primeiro ano acadou un gran éxito gañando a Copa do Xeneralísimo, actual Copa do Rei. Nos seguintes 10 anos o club sumou 4 novos títulos de copa (nos anos 66, 70, 71 e 74) e 3 títulos (nos anos 71, 72 e 73) da nova liga española, creada en 1970. Eses éxitos marcaron un troco no rugby español, que ate daquela estivera dominado polos dous principais clubs cataláns, o FC Barcelona e a UE Santboiana.

Malia aquel exitoso comezo de existencia, o Canoe non acadou ningún outro gran título nos seguintes 25 anos, chegando a descender de categoría en dúas ocasións (1982 e 1992) perdéndose 9 tempadas da máxima categoría do rugby nacional. En 1981 e 1988 proclamouse subcampión de copa, como feito máis salientable daquela época na que, sen embargo, chegou a contar con algúns dos mellores xogadores da historia da entidade, como Enrique Uzquiano, José Eguido, Gonzalo Amunárriz, Chus Ruiz de Mendoza ou Fran Puertas (xogador con máis encontros internacionais na historia da selección española).

Dende o profesionalismo[editar | editar a fonte]

Encontro do CRC Madrid en 2009.

Nos anos 90, coa chegada do profesionalismo ó rugby por medio da declaración oficial da IRB, abriuse a posibilidade de remunerar ós xogadores, e o agora chamado "Real" Canoe reaccionou asinando a un xogador soviético chamado Andrei Kovalenko que axudou ó club a volver ás primeiras posicións da División de Honra, acadando un título de liga na tempada 1999/00 (27 anos despois do anterior campionato). Ademais disputaron 5 finais de Copa do Rei, gañando 3 delas nos anos 2001, 2002 e 2003. Pero naqueles anos o Real Canoe pasou por unha crise económica que obrigou á entidade a ceder os dereitos deportivos da sección de rugby á Universidade Complutense de Madrid en 1999, provocando o troco no nome do equipo de rugby, que comezou a ser coñecido como "CRC" (orixinariamente Club de Rugby Complutense). Posteriormente a universidade afastouse da entidade, pasando o club a chamarse Club de Rugby CRC Pozuelo Madrid, e desprazando o seu fogar ate o Complexo Deportivo Valle de las Cañas do concello de Pozuelo de Alarcón.

Na última década o club pasou por altibaixos. Os mellores momentos foron o 5º título de liga acadado na tempada 2008/09 e os 9º e 10º títulos de copa acadados en 2008 e 2009, baixo as ordes do adestrador francés Regis Sonnes. Non obstante houbo diversos episodios de dificultade que levaron a que o primeiro equipo descendese de categoría dúas veces por razóns económicas, nos anos 2005 e 2010. Estas dificultades económicas levaron a que o club negociase en diversas ocasións co Real Madrid CF a posibilidade de converterse nunha sección deportiva do club merengue, sen chegar a ningún acordo definitivo.

O Atlético de Madrid en Pontevedra fronte ó Vigo Rugby Club na tempada 2012-13.

En 2009, ademais de acadar os tres títulos oficiais (liga, copa e supercopa), o club servíu de base para unha franquía da Liga Superibérica, un proxecto de liga 100% profesional en España. A franquía chamouse Gatos de Madrid, e acadou o título da única edición disputada desa competición. Ó ano seguinte foi o Olympus XV Rugby (un proxecto de equipo representativo español para disputar competicións continentais) o que tivo como base a estrutura do CRC Madrid, cun éxito nulo. Colleitou 6 derrotas en 6 encontros.

Últimas tempadas[editar | editar a fonte]

Nas tempadas 2010/11 e 2011/12 o equipo competiu no Grupo 2 da División de Honra B, á que descendeu pola falla de patrocinios. O primeiro ano rematou a tempada en 1ª posición, co cal clasificouse para xogar unha eliminatoria de ascenso fronte ó 2º clasificado do Grupo 1, o Vigo Rugby Club. No encontro de ida o equipo galego venceu por 11 a 6 en Vigo, e no encontro de volta o equipo madrileño non acadou o seu obxectivo de vencer, pois rematou con táboas a 6 puntos, co cal o ascenso foi para Vigo Rugby Club. Aquel foi un fito para o rugby de Galicia, que por vez primeira na historia metía un equipo na máxima categoría do rugby nacional. A tempada 2011-12 foi exitosa para o club, rematando primeiro no seu grupo da División de Honra B, e acadando o ascenso á máxima categoría do rugby español. Antes do comezo da tempada 2012/13 fíxose público o acordo entre o CRC Madrid e o Club Atlético de Madrid por medio de Grupo Santa Mónica Sports para que o equipo de rugby acabado de ascender adoptase o escudo, as cores e o nome "Rugby Atlético de Madrid", a cambio do dereito de explotación comercial durante 3 anos da marca "Rugby Atlético".[2]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Posicións do club en competicións nacionais dende os anos 60, coas denominacións de Real Canoe NC e CRC Madrid
Categoría 2013 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70 69 68 67 66 65 64
Div.Honra 6 5 1 3 2 5 2 4 3 6 1 4 3 6 5 12 10 9 4 8 x x x x 7 4 4 3 1 1 1 3
Div.HonraB 1 1 1
1ªNacional 1 7 7 1 3 5 4 2
Copa 1 1 1 1 1 2 2 2 2 1 1 1 1 1

A División de Honra non se disputou entre 1954 e 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.

Tempadas completadas en División de Honra

Categoría sénior[editar | editar a fonte]

De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior do club en competicións oficiais ó longo da súa historia, baixo as varias denominacións coas que ten competido:

Trofeos de liga e copa.
  • Liga Española de rugby: 5 títulos.
    • 1ª posición: 1970/71, 1971/72, 1972/73, 1999/00, 2008/09
    • 2ª posición: 2003/04, 2006/07
    • 3ª posición: 1969/70, 1973/74, 1997/98, 2001/02, 2007/08
  • Copa do Rei de rugby: 10 títulos.
    • 1ª posición: 1963/64, 1965/66, 1969/70, 1970/71, 1973/74, 2000/01, 2001/02, 2002/03, 2007/08, 2008/09
    • 2ª posición: 1980/81, 1987/88, 1997/98, 1998/99
  • Copa Ibérica de rugby: 3 títulos.
    • 1ª posición: 1965/66, 1967/68, 2000/01
    • 2ª posición: 1971/72
  • Supercopa de España de rugby: 2 títulos.
    • 1ª posición: 2008/09, 2009/10
    • 2ª posición: 2003/04

Tempada actual[editar | editar a fonte]

España División de Honra — Tempada 2014/15
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC BO BD
1º. Cataluña Santboiana 38 9 8 0 1 282 159 6 0
2º. Castela e León El Salvador 36 9 8 0 1 268 127 4 0
3º. Comunidade de Madrid Cisneros 35 9 7 0 2 316 178 7 0
4º. Castela e León VRAC 35 9 7 0 2 243 182 5 2
5º. Cantabria Independiente 27 9 6 0 3 213 193 3 0
6º. Flag of the Basque Country.svg Gernika 20 9 4 0 5 191 245 3 1
7º. Galicia Vigo 18 9 3 0 6 180 235 3 3
8º. Flag of the Basque Country.svg Ordizia 17 9 4 0 5 186 215 1 0
9º. Comunidade de Madrid CRC 17 9 3 1 5 151 197 1 2
10º. Flag of the Basque Country.svg Getxo 14 9 3 0 6 186 262 1 1
11º. Cataluña Barcelona 10 9 0 1 8 185 237 2 6
12º. Flag of the Basque Country.svg Hernani 2 9 0 0 9 121 292 0 2

Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 4 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates. PF - Puntos anotados ou a puntos a favor. PC - Puntos encaixados ou puntos en contra.


<<<< 2013/14 — Tempadas — 2015/16 >>>>


En azul      as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
En verde      as posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º).
En rosa      a posición de promoción de permanencia (11º).
En vermello      a posición de descenso directo (12º).


Cuartos de final Semifinais Final
              
     
     
       
       
        
  
       
     
       
       
       

Xogadores[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa o cadro dos xogadores que forman parte do primeiro equipo do Rugby Atlético de Madrid na tempada 2012-13.[3]

Diego Pérez, actual segundo adestrador, erguendo como capitán do equipo a Copa do Rei gañada en 2008.
Rugby Atlético de Madrid
Xogadores do primeiro equipo Corpo técnico
Dianteiros
  • España Alejandro Ónega — 1ªL
  • España Javier Salazar — 1ªL
  • España Pedro Montalvo — 1ªL
  • España Marcos Nodrid — 1ªL
  • España Antonio Llamas — 1ªL
  • España Victorio Redondo — 1ªL
  • Flag of Argentina.svg Javier Braim — 1ªL
  • España Juan Solaeche — Tal
  • España Juan Anaya — Tal
  • España Guillermo Blanco — 2ªL
  • Polonia Tomek Przybyszewski — 2ªL
  • España Rubén Torres — 2ªL
  • España Ángel Ballvé — 2ªL
  • España Santiago Ojeda — 3ªL
  • España Miguel Ramírez — 3ªL
  • Flag of Argentina.svg Arturo Brasca — 3ªL
  • Flag of Argentina.svg Renzo Gardonio — 3ªL
Tres cuartos
  • Flag of Ecuador.svg Beñat Jaramillo — Med
  • España Esteban Díaz — Med
  • Flag of Argentina.svg Facundo Lavino — Med
  • España Izko Armental — Med
  • Flag of Argentina.svg Martín Heredia — Ape
  • España Jorge Jiménez — Ape
  • Flag of Argentina.svg Nacho Heredia — Ape
  • Flag of Argentina.svg Francisco Rohrer — Ape
  • Flag of Uruguay.svg Juan Carbón — Á
  • España Álvaro Moreno — Á
  • España Pedro Molina — Á
  • España Telmo Romero — Á
  • España Daniel Fernández — Á
  • España Javier Canosa — Cen
  • España Ramón Narvaez — Cen
  • España Miguel Fernández — Cen
  • Flag of Argentina.svg Francisco Cloppet — Cen
  • España Sean Michael Grenfell — Zag
  • España Carlos Molina — Zag


Director Técnico
  • José Antonio Barrio

Adestrador

  • Miguel Ángel Puerta

Asistentes

  • Víctor Barrio
  • Diego Pérez

Lenda:
  • 1ªL - Primeira liña
    Tal - Talonador
    2ªL - Segunda liña
    3ªL - Terceira liña
    Med - Medio de melé
    Ape - Apertura
    Á - Á
    Cen - Centro
    Zag - Zagueiro

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]