División de Honra de Rugby 1997-1998

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Liga Española de rugby 1997-1998»)
División de Honra
Fundación1953
RexiónEspaña España
Equipos12
Actual campiónUE Santboiana (1996-1997)
OrganizadorFederación Española de Rugby
Sitio webwww.ferugby.com

A tempada 1997-1998 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 31 da máxima categoría do rugby en España.

A UE Santboiana era o defensor do título logrado na anterior edición do torneo, pero a tempada rematou coa vitoria final no campionato para Club de Rugby El Salvador por segunda vez na súa historia, un equipo que ó mesmo tempo era un acabado de ascender á categoría.

Nesta edición a División de Honra volveu ao formato de 12 equipos, polo cal a tempada estivo composta por 22 xornadas e non por 18. Os 3 equipos ascendidos foron Club de Rugby El Salvador, Club Natació Montjuic e Club de Rugby Liceo Francés, ocupando as dúas novas prazas da ampliación e a praza do Bera Bera Rugby Taldea, descendido o ano anterior.

Clasificación[editar | editar a fonte]

España División de Honra — Tempada 1997/98
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC
1 Castela e León CR El Salvador 39 22 19 1 2 758 395
2 Cataluña UE Santboiana 34 22 17 0 5 661 461
3 Comunidade de Madrid Real Canoe 32 22 16 0 6 549 439
4 Castela e León VRAC 23 22 10 3 9 527 463
5 Comunidade de Madrid CR Liceo Francés 23 22 11 1 10 555 512
6 Andalucía U.Sevilla 22 22 11 0 11 545 523
7 Andalucía CR Ciencias 19 22 9 1 12 500 535
8 Getxo RT 17 22 8 1 13 538 553
9 RC Valencia 16 22 7 2 13 442 631
10 Cataluña CN Montjuic 16 22 8 0 14 486 625
11 Comunidade de Madrid CD Arquitectura 15 22 6 3 13 372 517
12 Comunidade de Madrid CR Cisneros 8 22 3 2 17 462 741

<<<< 1996/97 — Tempadas — 1998/99 >>>>


En azul      o campión de liga (1º).
En vermello      as posicións de descenso directo (11º e 12º).

Datos finais do campionato
  • CR El Salvador conseguiu o campionato nacional de liga, con 39 puntos en 22 xornadas. Foi o 2º título de liga para o club.
  • Os dous últimos clasificados, CD Arquitectura e CR Cisneros, descenderon de categoría ó remate da tempada.
  • O xogador de CR El Salvador Asís García, liderou a táboa de ensaiadores da liga, con 17 ensaios; mentres que o apertura ucraíno nacionalizado español Andrei Kovalenco, do Real Canoe, liderou a táboa de anotadores con 252 puntos.
  • O Univ.Granada e o Oviedo Rugby Club, acadaron o ascenso para competir na tempada 1998-99 na División de Honra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]