Hernani Club de Rugby Elkartea
| Nome completo | Hernani Club de Rugby Elkartea | ||
| Alcume(s) | As toupas | ||
| Fundación | 1965 | ||
| Localización | Hernani, Guipúscoa (Euskadi) | ||
| Estadio(s) | a) Landare Toki, Hernani | ||
| Capacidade | |||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Capitán | |||
| Máx. Anotador | |||
| Máis ensaios | |||
| Liga | División de Honra B | ||
| Tempada | 2011-12 | ||
| Posición | 1º - Ascenso | ||
| Páxina web oficial | |||
|
|||
O Hernani Club de Rugby Elkartea é un club de rugby vasco da localidade guipuscoana de Hernani, que xoga na División de Honra B, a segunda categoría do rugby español.
O campo onde disputa os seus partidos como local é o Landare Toki, e as súas cores son o branco, o verde e o vermello.
Índice |
Historia[1] [editar]
O Hernani Club de Rugby Elkartea foi fundado en 1965 en Hernani (Guipúscoa). Naceu debido a que un grupo de afeccionados ao rugby da localidade deciden crear este equipo para xogar a este deporte. Dada a xuventude do mesmo, o primeiro equipo do Hernani C.R.E. foi de categoría infantil que xogaba os seus partidos como local nun campo de area compartido co CD Hernani.
Dende 1966 o Hernani C.R.E. participou nas ligas rexionais, grupo Norte naquela época, e na liga de Segunda División, similar á División de Honra B actual, ata acadar o ascenso á División de honra na tempada 1977-78.
Tras varios anos de mellora e crecemento, o club chega a unha década de esplendor, a que comprende os anos dende 1978 a 1987, na que consiguen un subcampionato da Copa da FER, e catro subcampionatos da Liga Española de rugby. Tras estes éxitos, cúmprese un ciclo deportivo e descende de categoría, non só por motivos deportivos, senón tamén polas distintas reestructuracións que sufriu a liga española durante os anos '80 e '90 do século XX.
En 1987 perdeu a categoría e participou na 1ª Nacional, grupo Norte-Levante, xunto a vellos coñecidos. Logo de catro bos anos en 1ª División, a reestructuración de 1991 supuxo que o HCRE perdera a súa categoría nacional e baixara á Liga Vasca, ao perder o partido de promoción contra o RC Irún.
O club pasou 13 tempadas sen competir en categoría estatal, ata que na tempada 2003-04 conseguíu o ascenso á División de Honra B, categoría na que se mantén durante unhas tempadas, conseguindo a clasificación para os Play-Off de ascenso nas tempadas 2006-07 e 2008-09.
Cómpre salientar que o club conseguíu diversos títulos en tódalas categorías inferiores do rugby vasco e estatal ao longo da súa historia.
Na tempada 2010-11 o equipo competiu no Grupo 1 da División de Honra B, acadando a 4ª posición da clasificación final. Ó ano seguinte o club rematou primeiro na táboa do Grupo 1, e loitou co Club Alcobendas Rugby nunha eliminatoria de promoción que rematou coa vitoria vasca, acadando o Hernani o ascenso á máxima categoría do rugby español, na que competirá en 2012-13, 26 anos despois da súa última presenza.
Palmarés [editar]
- Posicións do Hernani Club de Rugby Elkartea nas competicións nacionais
| Categoría | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 | 70 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Div.Honra | 10 | 10 | 2 | 2 | 2 | 2 | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Div.HonraB | 1 | 4 | 1 | 2 | 4 | 2 | 4 | 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1ªNacional | 2 | 3 | 4 | 7 | 6 | 6 | 8 | 4 | 2 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | |||||||||||||||||||||||||||||
| Copa |
A División de Honra comezou a disputarse en 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.
Tempada actual [editar]
|
|
|||||||||||||||
| Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1º | 85 | 22 | 17 | 0 | 5 | 14 | 3 | ||||||||
| 2º | 81 | 22 | 16 | 2 | 4 | 11 | 2 | ||||||||
| 3º | 75 | 22 | 15 | 0 | 7 | 13 | 2 | ||||||||
| 4º | 68 | 22 | 13 | 1 | 8 | 9 | 5 | ||||||||
| 5º | 65 | 22 | 12 | 2 | 8 | 10 | 3 | ||||||||
| 6º | 60 | 22 | 12 | 2 | 8 | 6 | 2 | ||||||||
| 7º | 50 | 22 | 8 | 0 | 14 | 11 | 7 | ||||||||
| 8º | 50 | 22 | 9 | 0 | 13 | 9 | 5 | ||||||||
| 9º | 50 | 22 | 9 | 0 | 13 | 9 | 5 | ||||||||
| 10º | 44 | 22 | 8 | 1 | 13 | 6 | 4 | ||||||||
| 11º | 32 | 22 | 6 | 0 | 16 | 5 | 3 | ||||||||
| 12º | 17 | 22 | 3 | 0 | 19 | 3 | 2 | ||||||||
| Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 4 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.
<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>> En azul as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º). |
|||||||||||||||
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Outros artigos [editar]
|
||||||||||||||