SL Benfica (rugby)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SL Benfica
NomeSport Lisboa e Benfica
Fundación1924
SedePortugal Lisboa
Estadio(s)Parque de Jogos 1º de Maio
Capacidade3000 espectadores
Liga(s)Campionato Portugués
2017/1810º (descenso)
Casa
Fóra
Na rede
http://www.slbenfica.pt/pt-pt/mais/rugby.aspx
Facebook: BenficaRugby Twitter: benficarugby Editar o valor em Wikidata

A sección de rugby do Sport Lisboa e Benfica, fundada en 1924, é o equipo de rugby máis antigo de Portugal e un dos máis laureados.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo de rugby do SL Benfica foi un dos catro membros fundadores da Associação de Rugby de Lisboa en 1927 con Sporting, Ginasio e Carcavelinhos, participando dende marzo dese ano na primeira edición do Campionato de Rugby de Lisboa. O primeiro encontro do torneo enfrontou ó Benfica co Sporting no Campo das Amoreiras gañando o Sporting por 10 a 0. O Benfica rematou o torneo inaugural na terceira posición.

O primeiro título no Campionato de Lisboa para o SL Benfica chegou na tempada 1930/31, ao que se sumaron os das tempadas 1935/36, 1936/37, 1939/39, 1941/42, 1946/47, 1947/48, 1948/49, 1949/50, 1950/51, 1953/54 e 1954/55 antes da fundación da Federación Portuguesa de Rugby e a creación do Campionato Portugués de Rugby.

Como socio fundador da FPR o Benfica participou no novo Campionato Nacional dende a primeira edición de 1958/59, acadando o título de campión nas tempadas 1959/60, 1960/61, 1961/62, 1969/70 e 1975/76 antes de perder a súa praza na máxima categoría por primeira vez na súa historia na tempada 1982/83, acadando axiña o ascenso para ser novamente campión nas tempadas 1985/86, 1987/88 e 1990/91. Na tempada 1994/95 perdeu a máxima categoría por segunda vez, ascendendo ó ano seguinte, e acadou o seu noveno e último título do Campionato Nacional na tempada 2000/01. O terceiro descenso de categoría do Benfica chegou na tempada 2012/13, acadando o ascenso na tempada 2016/17 para descender inmediatamente na tempada 2017/18.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Malia a crise deportiva do equipo de rugby do SL Benfica na última década, o seu palmarés é un dos máis salientables do rugby portugués e ibérico. Segue a ser o terceiro equipo con maior número de Campionatos de Portugal, e o segundo con maior número de vitorias na Copa Ibérica.

1959-60, 1960-61, 1961-62, 1969-70, 1975-76, 1985-86, 1987-88, 1990-91, 2000-01
1960-61, 1964-65, 1965-66, 1969-70, 1970-71, 1971-72, 1974-75, 1982-83, 1983-84, 1984-85
1970-71, 1986-87, 1988-89, 2001-02

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]