División de Honra B de Rugby
A División de Honra B é a segunda división do rugby español. Ao igual que a División de Honra, a xestiona a Federación Española de Rugby. O formato actual consiste en dous grupos de oito equipos cada un organizados territorialmente para facilitar o desprazamento dos equipos. O grupo 1 aglutina aos equipos da metade Norte de España e o grupo 2 á metade Sur (incluída a Comunidade de Madrid). Este formato de competición é bastante novo e sustitúe ao antigo sistema dun só grupo de dez equipos.
Índice |
Sistema de competición[editar]
O sistema de competición é unha liga regular dividida en dous grupos a dúas voltas (partidos de ida e volta) de 8 equipos cada grupo, e lespois uns Play-Off polo título e o ascenso á División de Honra. Ao final da liga regular os dous primeiros clasificados de cada grupo enfróntanse entre sí nunhas eliminatorias a dobre partido (ida e volta) e unha final a partido único. Este sistema fai un total de 18 xornadas e 69 partidos.
Sistema de puntuación[editar]
- Cada victoria suma 4 puntos.
- Cada empate suma 2 puntos.
- Catro ensais nun partido suman 1 punto de bonus.
- Perder por unha diferencia de sete puntos ou inferior suma 1 punto de bonus.
Ascensos e descensos[editar]
Dende a tempada 2008-09 o sistema de ascensos e descensos é o seguinte:
- Ascenso directo do gañador da final á División de Honra.
- Promoción de ascenso entre o noveno da División de Honra e o finalista da División de Honra B.
- Promoción de descenso entre os dous últimos equipos de cada grupo ao final da liga regular, en partido a dobre volta (a vuelta no campo do penúltimo). Descendendo os dous perdedores da eliminatoria a Primeira División Nacional. Os dous vencedores xóganse a praza fronte aos segundos da promoción de ascenso a División de Honra B.
Grupo 1 2010/11[editar]
Grupo 2 2010/11[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns[editar]
|
||||||||||||||