División de Honra B de Rugby 2009-2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2009-2010 da División de Honra B foi a duodécima edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.

Formato de competición[editar | editar a fonte]

Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España e Madrid.

Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha eliminatoria de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo na que os gañadores acadaron o ascenso directo. Por outra banda, os dous últimos tiveron unha eliminatoria de promoción pola permanencia entre si e os perdedores outra contra equipos da Primeira Nacional.

A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando o seguinte sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.

Fase de liga regular[editar | editar a fonte]

Grupo 1[editar | editar a fonte]

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC B
1º. Hernani C.R.E. 55 14 12 0 2 335 187 7
2º. Cataluña F.C. Barcelona 54 14 11 0 3 366 205 10
3º. Cataluña B.U.C. 44 14 8 1 5 317 206 10
4º. Asturias Oviedo R.C. 35 14 8 0 6 242 243 3
5º. Galicia Vigo R.C. 27 14 5 1 8 223 254 5
6º. Getxo R.T. 25 14 5 0 9 219 352 5
7º. Durango R.T. 19 14 3 0 11 190 323 7
8º. Eibar R.T. 18 14 3 0 11 196 318 6

Grupo 2[editar | editar a fonte]

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC B
1º. Comunidade de Madrid C. Alcobendas R. 53 14 11 0 3 448 209 9
2º. C.A.U. Valencia 49 14 10 1 3 461 236 7
3º. Comunidade de Madrid C.R. Liceo Francés 47 14 10 0 4 253 169 7
4º. Comunidade de Madrid C.R. Cisneros 40 14 8 0 6 376 275 8
5º. Andalucía C.R.A. Portuense 40 14 8 1 5 329 260 6
6º. Andalucía Helvetia Rugby 23 14 5 0 9 198 317 3
7º. Andalucía C.D.U. Málaga 11 14 2 0 12 238 478 3
8º. Andalucía Jaén R.C. 8 14 1 0 13 136 495 4

Fase de ascenso[editar | editar a fonte]

  Eliminatorias polo ascenso Ascendidos
               
 
  Hernani C.R.E. 13 13  
  C.A.U. Valencia 18 9  
 
 
      C.A.U. Valencia
   Comunidade de Madrid C. Alcobendas R.
 
 Comunidade de Madrid C. Alcobendas R. 12 21
 Cataluña F.C. Barcelona 16 8  

C.A.U. Valencia e C. Alcobendas R. acadaron o ascenso directo á División de Honra. Non houbo unha final para definir ó campión da categoría.
Málaga perdeu a categoría ó ser eliminado polo Eibar. Jaén perdeu a categoría ó rexeitar a disputa da eliminatoria pola permanencia contra Durango. Durango mantivo a categoría eliminando a Las Rozas na seguinte eliminatoria, mentres que Eibar foi eliminado por Arquitectura e descendeu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]