División de Honra de Rugby 2021-2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
División de Honra de Rugby
Fundación1952
RexiónEspaña España
Equipos12
OrganizadorFER
Sitio webwww.ferugby.es

A tempada 2021-2022 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 55ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.

O torneo contou con doce equipos participantes: tres casteláns, dous vascos, dous cataláns, dous madrileños, dous valencianos e un andaluz. O Club de Rugby La Vila e o Gernika Rugby Taldea ocuparon as prazas que deixaron o Getxo Rugby Taldea e o Independiente Rugby Club.

Formato[editar | editar a fonte]

O formato da competición foi modificado para reducir o número de xornadas de liga regular a 16. Posteriormente os oito primeiros equipos da táboa disputaron as eliminatorias polo título: cuartos de final, semifinais e final, todas elas a un encontro no campo do equipo mellor clasificado, do seguinte xeito:

  • 1º vs 8º
  • 2º vs 7º
  • 3º vs 6º
  • 4º vs 5º

Liga Regular[editar | editar a fonte]

Dende a tempada 2019-2020 o bonus ofensivo acádase gañando o encontro anotando tres ensaios ou máis que o equipo rival. Por outra banda os puntos bonus defensivos seguen acadándose cando se perde o encontro por unha diferenza de sete puntos ou inferior.

Posición Equipo Puntos X G E P
1º. CUARTOS DE FINAL El Salvador 54 16 11 0 5
2º. CUARTOS DE FINAL Santboiana 53 16 12 0 4
3º. CUARTOS DE FINAL Alcobendas 50 16 10 0 6
4º. CUARTOS DE FINAL Ordizia 49 16 10 1 5
5º. CUARTOS DE FINAL Ciencias 48 16 10 1 5
6º. CUARTOS DE FINAL Cisneros 35 16 8 0 8
7º. CUARTOS DE FINAL Barcelona 35 16 7 0 9
8º. CUARTOS DE FINAL Aparejadores 35 16 6 3 7
9º. PERMANENCIA VRAC 34 16 7 1 8
10º. PERMANENCIA Les Abelles 24 16 5 0 11
11º. PROMOCIÓN La Vila 18 16 4 0 12
12º. DESCENSO Gernika 18 16 3 0 13

Eliminatorias[editar | editar a fonte]

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1. El Salvador   20
  8. Aparejadores   14  
  1. El Salvador   27
    4. Ordizia   30  
  4. Ordizia   26
  5. Ciencias   20  
  2. Santboiana   23
    4. Ordizia   17
  2. Santboiana   30
  7. Barcelona   23  
  2. Santboiana   32
    6. Cisneros   26  
  3. Alcobendas   Desc
  6. Cisneros    


  • Desc - O encontro de cuartos de final entre Alcobendas e Cisneros non se celebrou por mor da expulsión do Alcobendas da competición, debida á falsificación da documentación do seu xogador Gavin van den Berg. Deste xeito o Cisneros pasou directamente a semifinais.

A final da División de Honra tivo lugar no Estadi Baldiri Aleu (Sant Boi de Llobregat) o 5 de xuño de 2022 e nela enfrontáronse os equipos Unió Esportiva Santboiana e Ordizia Rugby Elkartea, que viñan de ser segundo e cuarto da liga regular e de eliminar en semifinais a Club de Rugby Cisneros e Club de Rugby El Salvador. O encontro rematou con vitoria para o equipo local, a Santboiana, que dese xeito acadou o seu 8º título de liga coincidindo coa celebración do seu 100º aniversario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]