Independiente Rugby Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Senor Independiente RC
NomeIndependiente Rugby Club
Alcume(s)Verdes, bisontes
Fundación1971
SedeSantander España
Estadio(s)Campo de San Román
Capacidade252 asentos espectadores
PresidenteMacario Fernández
AdestradorTristán Mozimán
Liga(s)División de Honra
2017-184º / Semifinais
Casa
Fóra
Na rede
http://www.independienterugbyclub.eu/

O Independiente Rugby Club, é un equipo español de rugby da cidade de Santander. Trátase do único club cántabro que ten chegado a competir na División de Honra, en concreto durante as tempadas 1978-79, 1979-80, 2013-14, 2014-15, 2015-16, 2016-17 e 2017-18.

Historia[editar | editar a fonte]

O club fundouse no mes de outubro do ano 1971 por iniciativa da Federación Cántabra de Rugby que promoveu a creación de catro equipos entre diversas institucións universitarias. Despois de acadar dous títulos rexionais en 1972 e 1975 ascendeu á segunda división do rugby nacional. Tres anos despois acadaba o ascenso á División de Honra coincidindo co cambio de formato desta competición, que pasaba de contar con 10 equipos a contar con 32. O Independiente disputou dúas tempadas na máxima categoría do rugby español (1978-79 e 1979-80) para descender de novo. Durante moitos anos estivo competindo no 2º e no 3º nivel do rugby español.

A presenza de novo do equipo na máxima competición nacional fíxose agardar máis de 3 décadas. Foi na tempada 2012-13 cando o club acadou o ascenso despois de rematar primeiro na División de Honra B. Dende a tempada 2013-14 compite na máxima categoría do rugby español con bastante éxito, pois rematou no cuarto posto da clasificación os dous primeiros anos e no terceiro posto a seguinte tempada, e mesmo foi finalista na Copa do Rei en 2013-14, perdendo a final por 40-18 fronte ó VRAC.

A seguinte táboa amosa a traxectoria do primeiro equipo sénior masculino dende a súa creación nas competicións ligueiras:

Categoría 2018 17 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72
Div.Honra
Div.HonraB
1ª Nacional 12º
Rexional

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. Fonte[Ligazón morta].

Tempada actual[editar | editar a fonte]

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. SEMIFINAIS El Salvador 92 22 18 2 2
2º. SEMIFINAIS VRAC 89 22 18 1 3
3º. CUARTOS FINAL Alcobendas 78 22 16 1 5
4º. CUARTOS FINAL Ordizia 63 22 12 2 8
5º. CUARTOS FINAL Aparejadores 59 22 11 0 11
6º. CUARTOS FINAL Barcelona 57 22 11 1 10
7º. PERMANENCIA Santboiana 57 22 10 1 11
8º. PERMANENCIA Independiente 43 22 7 1 14
9º. PERMANENCIA Hernani 41 22 7 0 15
10º. PERMANENCIA Cisneros 39 22 5 1 16
11º. PROMOCIÓN La Vila 38 22 6 0 16
12º. DESCENSO Gernika 36 22 5 2 15

Eliminatorias[editar a fonte]

Cuartos de final Semifinais Final
 5 de maio, Altamira (Ordizia)    11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)      25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)
 [1º] - El Salvador  39
 [4º] - Ordizia  38
 [4º] - Ordizia  26  
 [5º] - Aparejadores  31  
 12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)  [1º] - El Salvador  27
 5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas)
   [2º] - VRAC  39
 [3º] - Alcobendas  34
 [3º] - Alcobendas  12  
 [6º] - Barcelona  20  
 [2º] - VRAC  33  

Terreo de xogo[editar | editar a fonte]

Campo Municipal de San Román

O Independiente xoga os seus encontros como local no Campo Municipal de San Román, un recinto deportivo construído en 2010 que conta cunha tribuna cuberta e un terreo de xogo de herba artificial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]