División de Honra B de Rugby 2001-2002

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2001-2002 da División de Honra B foi a cuarta edición da nova segunda división do rugby en España, creada tres anos atrás pola Federación Española de Rugby co nome de "Campionato de Liga Nacional Primeira Especial".

Formato de competición[editar | editar a fonte]

Nesta edición o número de participantes mantívose en dez, e o formato non foi modificado, contanto cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o ascenso directo á División de Honra, e os dous últimos o descenso directo a Primeira Nacional.

Os dez equipos participantes foron o Montjuic, CDU Granada, ADUS, CRAT, Arquitectura e Valencia participantes na edición anterior; o Oviedo descendido da División de Honra; o Bera Bera e L'Hospitalet ascendidos da Primeira Nacional; e o Liceo Francés que baixou da División de Honra tralo seu acordo co Real Canoe para competir xuntos na máxima categoría cun único equipo.

A liga contou con 18 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC
1º. R.C. Valencia 30 18 15 0 3 543 238
2º. Cataluña R.C. L'Hospitalet 28 18 14 0 4 506 370
3º. Castela e León A.D.U.S. 24 18 12 0 6 477 316
4º. Bera Bera R.T. 22 18 11 0 7 460 344
5º. Cataluña C.N. Montjuic 22 18 11 0 7 374 369
6º. Comunidade de Madrid C.D. Arquitectura 17 18 9 1 8 367 259
7º. Asturias Oviedo R.C. 14 18 7 0 11 300 369
8º. Andalucía C.D.U. Granada 11 18 5 1 12 232 374
9º. Galicia C.R.A.T. 6 18 2 2 14 247 493
10º. Comunidade de Madrid C.R. Liceo Francés 3 18 2 0 16 178 552

O campión da categoría foi o Rugby Club Valencia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]