Fibela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fibelas de bronce atopadas no sur de Suecia.

Unha fibela é unha peza empregada para suxeitar ou abrochar dúas cousas entre si, como o final dun cinto ou dunha correa[1]. Antes da invención de la cremalleira, usábase para abrochar as botas e outro tipos de roupas.

Historia[editar | editar a fonte]

Daga coa súa funda e fibela celta.

As fibelas foron usadas na Grecia antiga, así como na antiga Roma, particularmente en equipacións e vestimentas militare, en cintos de espadas, coirazas e o resto de equipamento que utilizaba correas, así como para fixar a sela de montar dos cabalos. As fibelas tamén foron moi usadas entre os celtas.

Na antigüidade, as fibelas facíanse en metal, óso e marfil. Debido á sea sinxeleza e durabilidade, o seu uso fíxose popular para os arneses e bordados, especialmente para botas e zapatos.

Uso contemporáneo[editar | editar a fonte]

Hoxe en día, as fibelas adoitan utilizarse para abrochar os cintos, aínda que tamén se utiliza nalgún tipo de calzado, particularmente nas botas. Tamén se usan as fibelas nas mochilas, reloxos e xoiería do pulso ou como motivo ornamental en todo tipo de obxectos. As fibelas tamén son moi visibles na moda gótica moderna.

Notas[editar | editar a fonte]

Véase también[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]