Castro de Papoi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°32′21″N 8°14′55″O / 43.53929, -8.24869

Castro de Papoi
ParroquiaMarmancón
ConcelloFerrol
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15036003
Cronoloxía
Períodos de escavaciónnon escavado
Estado actualabandono
Véxase tamén
Castros de Galiza

O castro de Papoi é un poboado castrexo de ladeira situado ao pé do monte Sabugueiro, na parroquia de Marmancón (Ferrol)[1].

Descrición[editar | editar a fonte]

Ten muralla na cara leste de pedras e terra dus 3,5 m de altura, nesta cara vai unha canle externa á muralla. O recinto principal asemella ovalado: uns 100 m de norte a sur (interior duns 81 m) e uns 70 m de leste a oeste (interior duns 67 m). A entrada orixinal do castro sería polo nordeste, protexida pola muralla e unha parte do terraplén ao norte.

O castro é propiedade privada, empregase como eira.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]