Balaenoptera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Balaenoptera
Balaenoptera physalus
Balaenoptera physalus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Mysticeti
Familia: Balaenopteridae
Subfamilia: Balaenopterinae
Gray, 1864 [1]
Xénero: Balaenoptera
Lacépède, 1804 [2] [3]
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Referencia:[3]
  • Cuvierius Gray, 1866
  • Pterobalaena Eschricht, 1849
  • Rorqualus Cuvier, 1836
  • Catoptera Rafinesque, 1815

Balaenoptera e un xénero de cetáceos misticetos da familia dos balenoptéridos, único da subfamilia dos balenopterinos (Balaenopterinae).

Este xénero comprende oito especies de rorcuais, todas as da familia excepto o xibardo (Megaptera novaeangliae) que, por si só, constitúe a outra subfamilia, a dos megapterinos (Megapterinae).

A especie Balaenoptera omurai foi descrita en 2003.[4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O xénero Balaenoptera foi definido por Lacépède en 1804, quen derivou o seu nome do latín balaena (do grego antigo φάλαινα phálaina, "balea"), e o grego πτερόν pterón, "á", en alusión ás longas aletas pectorais das súas epecies (literalmente: "balea con ás").

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero Balaenoptera comprende as oito especies seguintes:[3]

En Galicia[editar | editar a fonte]

En augas próximas ás nosas costas, segundo a biibliografía dispoñíbel, pódense encontrar varias especies do xénero Balenoptera.

Na Lista patrón de vertebrados de Galicia da SGHN, publicada no Tomo I da Xeografía de Galicia dirixida por Pérez Alberti,[5] aparecen as dúas especies seguintes (indícanse os nomes vulgares galegos propostos):

  • Balaenoptera physalus – rorcual de Bryl [6]
  • Balaenoptera borealis – rorcual boreal

Pola súa pare, no Vocabulario multilingüe dos profesores Lahuerta e Vázquez,[7] cítanse (o que no quere dicir que forzosamente teñan que frecuentar augas galegas, senón só que teña nome no noso idioma), relaciónanse as seguintes:

  • Balaenoptera acurrostrata – rorcual alibranco
  • Balaenoptera musculus – rorcual azul
  • Balaenoptera edeni – rorcual de Bryde ou balea de Bryde
  • Balanoptera physalis [8] – rorcual común
  • Balaenopterus borealis [9] – rorcual de pintas

Finalmente, na moderna Guía dos mamíferos de Galicia, os seus autores, Díaz d'a Silva e Cartelle,[10] consideran catro especies (e inclúen os catro mapas de distribución correspondentes):

  • Balaenpotera acurrostrata – balea alibranca
  • Balenoptera borealis – balea de pintas
  • Balaenoptera musculus – balea azul
  • Balaenoptera physalus – balea común

Nota: sobre os nomes galegos destes rorcuais (ou baleas) véxase o artigo Balenoptéridos e a súa páxina de conversa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Balaenopterinae Gray, 1864 en WoRMS.
  2. Balaenoptera Lacépède, 1804 en WoRMS.
  3. 3,0 3,1 3,2 Balaenoptera Lacépède, 1804 no SIIT.
  4. Wada, S.; Oishi, M. e Yamada, T. K. (2003): "A newly discovered species of living baleen whale". Nature 426: 278–281. Resume
  5. Pérez Alberti, A. (1982), p. 210.
  6. Probabelmente erro de imprenta por rorcual de Bryde.
  7. Lahiuerta e Vázquez (2000), p. 309.
  8. O nome correcto é Balaenoptera physalus.
  9. O nome correcto é Balaenoptera borealis.
  10. Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 130-133.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Balaenoptera
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Balaenoptera

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Pérez Alberti, A. (dir.) (1982): Xeografía de Galicia. Tomo I. O medio. A Coruña: Edicións Sálvora. ISBN 84-85779-12-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]