KK Partizan
|
||
|---|---|---|
| Competición | NLB League Naša Sinalko Liga |
|
| Fundado | 1945 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Hala Pionir (8.150) Beogradska Arena (23.000) |
|
| Cores | Negro e branco | |
| Historia | KK Partizan (1945- ) | |
| Presidente | Predrag Danilović | |
| Adestrador | Duško Vujošević | |
| Euroliga | 1 (1992) | |
| Copa Korać | 3 (1978, 1979, 1989) | |
| Naša Sinalko Liga | 19 (1976, 1979, 1981, 1987, 1992, 1995, 1996, 1997, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012) | |
| NLB League | 5 (2007, 2008, 2009, 2010, 2011) | |
| Copa | 13 (1979, 1989, 1992, 1994, 1995, 1999, 2000, 2002, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012) | |
| Tripla coroa | 1 (1992) | |
| Seareiros | Grobari | |
| Uniforme | ||
| Sitio Web | www.kkpartizan.rs | |
O Košarkaški klub Partizan (en serbio: Кошаркашки клуб Партизан ou КК Партизан) é un club profesional de baloncesto da cidade de Belgrado, Serbia. O KK Partizan forma parte do club polideportivo Partizan, que conta con outras moitas seccións, entre as que destaca a de fútbol. O club compite na Naša Sinalko Liga (liga serbia), NLB League (liga do Adriático) e na Euroliga.
Índice |
Historia [editar]
O Partizan, fundado o 4 de outubro de 1945, é o club de baloncesto con maior éxito de Serbia. Durante os seus máis de seis décadas longa historia, o Partizan gañou non menos de 40 trofeos, incluídos dezaseis de campión nacional, dos cales o últimos oito foron gañados de forma consecutiva. Tamén gañaron once copas e cinco Ligas do Adriático consecutivas en 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011.
O trofeo máis importante que o club gañou é o trofeo de Campión de Europa na Final Four da Euroliga en Istambul en 1992. O KK Partizan foi o campión europeo en 1992 coa curiosidade de que gañaron o título xogando tódolos partidos menos un, o de cuartos de final fronte ao Knorr, en cachas visitantes. Isto debeuse a que FIBA decidiu non permitir que os equipos da ex-Iugoslavia xogar os seus partidos de local alí por mor das hostilidades que había na rexión neses anos. Esa mesma tempada, o club gañou o campionato nacional e a copa, conseguindo até o de agora a súa única o triple coroa. Porén, ao Partizan non se lle permitiu defender o título na tempada 1992-93 por mor dunha sanción da ONU. Tamén gañaron tres Copas Radivoj Korać en 1978, 1979 e 1989.
Así, o KK Partizan converteuse na marca máis famosa do baloncesto de Serbia e un equipo aclamada tanto a nivel europeo e mundial. Partizan gañou o respecto non só por gañar e participar constantemente nas competicións europeas, senón tamén grazas a grande parte dos seus xogadores que vestiron a camiseta do equipo nacional, o equipo que conquistou o mundo gañando fama e trofeos para o seu país. O Partizan converteuse no primeiro equipo serbio que xoga un partido oficial contra equipos da NBA, en setembro de 2009. Nos dous encontros que xogou, ambos nos Estados Unidos, perdeu, o primeiro 102 a 70 contra Denver Nuggets e o segundo 111 a 80 contra Phoenix Suns. Algúns dos xogadores máis coñecidos que saíron do equipo foron Aleksandar Djordjevic, Vlade Divac, Predrag Danilovic ou Zarko Paspalj.
Pavillón [editar]
- Artigos principais: Hala Pionir e Beogradska Arena.
O Pavillón Hala Pionir foi construído en 1973, en tan só once meses, pola empresa construtora "Energoprojekt". Nesa época, o baloncesto iugoslavo estaba en pleno apoxeo, e aínda que Pionir ten organizado moitos eventos deportivos diferentes, como voleibol ou balonmán, rapidamente se fixo coñecido como un santuario do baloncesto.
O equipo nacional de Iugoslavia gañou o ouro europeo en 1975, baixo o seu teito, e tamén trouxo sorte aos campións de Lituania, o Žalgiris Kaunas, en 1998 cando gañaron a Copa Saporta. O Partizan trasladouse ao Pionir en 1992, despois de deixar ao seu antigo pavillón, o "Hala sportova", xa que se quedara obsoleto para un club que estaba a piques de tomar o trono europeo.
O Pionir é hoxe un moderno polideportivo totalmente equipado, que pode cumprir satisfactoriamente as normas básicas das competicións europeas. Na tempada 2008-09 Partizan xogou os seus encontros do Top 16 de Euroliga no Beogradska Arena, un pavillón multiusos inaugurado o 31 de xullo de 2004 con capacidade para 23.000 espectadores. O 5 de marzo de 2009 contra o Panathinaikos grego marcou un record de asistencia a un partido de baloncesto en Europa con 22.567 asistentes.
Xogadores [editar]
Cadro actual [editar]
| KK Partizan 2011-2012 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Palmarés individual [editar]
Premios da Euroliga [editar]
Xogadores:
- 1976-77
Dražen Dalipagić - Mr. Europa - 1977-78
Dražen Dalipagić - Mr. Europa - 1980-81
Dragan Kićanović - Mr. Europa - 1981-82
Dragan Kićanović - Mr. Europa - 1980-81
Dragan Kićanović - Euroscar Award - 1980-81
Dražen Dalipagić - Euroscar Award - 1988-89
Vlade Divac - Mr. Europa - 1991-92
Predrag Danilović - Euroleague Final Four MVP - 2002-03
Miloš Vujanić - Euroleague Weekly MVP - 2002-03
Miloš Vujanić - All-Euroleague Teams - 2004-05
Dejan Milojević - Euroleague Weekly MVP - 2005-06
Dejan Milojević - Euroleague Weekly MVP - 2007-08
Nikola Peković - Euroleague Weekly MVP - 2007-08
Nikola Peković - All-Euroleague Teams - 2007-08
Novica Veličković - Euroleague Weekly MVP - 2007-08
Milt Palacio - Euroleague Monthly MVP - 2008-09
Novica Veličković - Euroleague Weekly MVP - 2008-09
Novica Veličković - Euroleague Rising Star - 2008-09
Novica Veličković - Euroleague Monthly MVP - 2009-10
Aleksandar Marić - Euroleague Monthly MVP - 2009-10
Aleksandar Marić - Euroleague Weekly MVP - 2009-10
Dušan Kecman - Euroleague Weekly MVP
Adestradores:
- 2008-09
Duško Vujošević - Premio Aleksander Gomelski ao Adestrador do Ano
Grandes contribuidores da Euroliga [editar]
Xogadores:
Adestradores:
Premios da Liga do Adriático [editar]
- 2004-05
Dejan Milojević - MVP - 2005-06
Dejan Milojević - MVP
Basketball Hall of Fame [editar]
Xogadores:
Adestradores:
FIBA Hall of Fame [editar]
Xogadores:
Adestradores:
Palmarés [editar]
Euroliga de 1992 [editar]
A Euroliga da tempada 1991-92 foi o título conseguido polo club máis importante da súa historia. Os resultados dos partidos do Partizan do ano da vitoria foron:
| Rolda | Equipo | Ida | Volta |
|---|---|---|---|
| Fase de grupos | 89-72 V | 92-65 V | |
| 81-75 V | 111-77 V | ||
| 87-67 V | 72-86 D | ||
| 86-70 V | 94-89 V | ||
| 76-75 V | 76-79 D | ||
| 93-69 V | 73-80 D | ||
| 75-95 D | 72-75 D | ||
| 83-75 V | 99-65 V | ||
| Cuartos de Final | 78-65 V | 60-61 D | |
| 69-65 V | |||
| Semifinal | 82-75 V | ||
| Final | 71–70 V | ||
Rivalidade [editar]
Un dos encontros máis importantes do baloncesto serbio é o derby eterno (en serbio: Вечити дерби, Večiti derbi) que enfronta ao KK Partizan e ao KK Crvena zvezda (Estrela Vermella).
Curiosidades [editar]
A Euroliga de 1992 gañouna xogando como local no Pavillón Fernando Martín de Fuenlabrada debido a que a FIBA non lle deixou xogar en Belgrado debido á Guerra dos Balcáns, pasando o equipo a denominarse polos seareiros "Partizan de Fuenlabrada".
Xogadores destacados [editar]
- Dražen Dalipagić
- Vlade Divac
- Saša Đorđević
- Predrag Danilović
- Žarko Paspalj
- Dragan Kićanović
- Željko Rebrača
- Dejan Tomašević