Alcide d'Orbigny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcide d'Orbigny.

Alcide Charles Victor Marie Dessalines d'Orbigny, nado en Couëron, Loira, Francia o 6 de setembro de 1802 e finado en Pierrefitte-sur-Seine, Sena-San Denis, Francia, o 30 de xuño de 1857, foi un naturalista, zoólogo, malacólogo, xeólogo paleontólogo, arqueólogo, antropólogo e explorador francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro dunha familia de médicos especializados nas ciencias naturais, antes de cumprir os 20 anos era xa un naturalista experimentado e de prestixio, que até o famosísimo Cuvier o citaba habitualmente.

Visitou Sudamérica, enviado polo Museo Nacional de Historia Natural de Francia, nunha viaxe de exploración científica, tras a cal escribiu unha obra monumental, que constitúe un relato histórico referido a Uruguai, Brasil, Paraguai, Arxentina, Chile, Perú e Bolivia.

Chegou a Montevideo a finais de 1826, aos 24 anos de idade, para explorar a Banda Oriental. Desembarcou en Buenos Aires en xaneiro de 1827. Remontou o río Paraná até Corrientes, aloxándose en Rincón de Luna, Itatí, Goya e no Iberá. Visitou o Chaco, onde observou a nación Toba, e regresou a Buenos Aires.

O seu interese pola xeografía, a zooloxía, a botánica e pola situación política e económica, permítenos ter actualmente unha exacta descrición daqueles tempos.

De regreso a Buenos Aires, a mediados de 1828, despois de visitar o litoral, D'Orbigny presenciou a revolución de Juan Lavalle contra Dorrego.

Río Magdalena en Voyage pittoresque dans les deux Amériques, (1840).

Posteriormente d'Orbigny explorou a Patagonia e, aínda que no puido percorrer persoalmente a provincia de La Pampa, pediulle a un home da súa confianza, Narciso Parchappe, que redactaran informe sobre ela que incluíu no libro. Viaxou por mar a Carmen de Patagones, onde permaneceu oito meses. Explorou a boca do río Negro, a baía San Blas e Punta Rasa. Tomo contacto cos indios aucas, puelches e patagones, cuxos costumes describiu en detalle, e narrou unha excursión ás salinas e a caza de ñandús e de focas.

Chegou seis anos antes que Darwin á Arxentina e descubriu varios centos de especies de vexetais e de animais, como os enigmáticos caracois cegos. Detallou como eran os solos da provincia de Entre Ríos e, ao regresar ao seu país sufriu o desaire dos seus pares que non o recoñecían como paleontólogo e rexeitaron o seu ingreso na Academia de Ciencias francesa.

Francia nese momento estaba destinando naturalistas cara a todo o mundo. O Museo Nacional de Historia Natural de Francia dáballes por escrito instruccións sobre como clasificar e enviar os fósiles ou otras pezas de interese. Por iso d'Orbigny foi adestrado por varios expertos, incluíndo o alemán Alexander von Humboldt. Buenos Aires xa fora visitada asnteriormente polo francés Amado Bonpland e o español Félix de Azara.

Lámina con foraminíferos da conca de París.[1]

O mellor antecedente de D'Orbigny para ser elixido para a súa misión foi o estudo que fixera sobre os foraminíferos, seres unicelulares mariños que non miden más de un milímetro. Por isto, considérase como o fundador da micropaleontoloxía.

A existencia de restos fósiles dos tuco-tuco, roedores cavícolas propios de Sudamérica do xénero Ctenomys, foi descrita por el. Tamén se concentrou no estudo de moitas especies mariñas.

En 1834 D'Orbigny volveu Francia e escribiu a súa monumental obra en nove volumes Voyage dans l'Amerique Méridionale ("Viaxe á América Meridional"), unha obra que só é comparábel cos escritos de Humboldt acerca da América equinoccial.

D´Orbigny iniciouse cunha descrición do home americano (guaraníss, araucanos, calchaquís e quechuas), a dúa historia e os seus costumes.

Logo, seguiron estudos sobre máis de 160 mamíferos, 860 aves, 115 réptiles, 170 peixes, 5 000 insectos e crustáceos, 3 000 plantas e numerosísimos datos xeológicos, paleontolóxicos e etnográficos.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1826. Tableau méthodique de la classe des Céphalopodes. Annales de Sciences naturelles.
  • 1834. Notice sur un nouveau Cétacé des rivières du centre de l'Amérique méridionale. Nouvelles Annales du Muséum d'Histoire naturelle, 3: 28-36.
  • 1835. Synopsis terrestrium et fluviatilium molluscorum, in suo per Americam meridionalem itinere. Magasin de zoologie, classe V, 61-62: 1-44.
  • 1835-1847. Voyage en Amérique méridionale. Pitois-Levrault, Paris (9 tomos, 11 volumes).
  • 1837. Mémoire sur des espèces et sur des genres nouveaux de l'ordre des Nudibranches observés sur les côtes de France. Magasin de zoologie, classe V, 1-16, pl. 102-109.
  • 1839. L' homme américain (de l'Amérique méridionale) considéré sous ses rapports physiologiques et moraux. Volume 1. Paris: Pitois-Levrault. Vr en liña
  • 1839. L' homme américain (de l'Amérique méridionale) considéré sous ses rapports physiologiques et moraux.Volime 2. Paris: Pitois-Levrault. Ver en liña
  • 1842-1860. Paléontologie française. Paris, ~4000 p., 1440 pl. lith. (9 tomos).
    • 1840-1842. Céphalopodes crétacés.
    • 1842-1843. Gastéropodes crétacés.
    • 1842-1851. Céphalopodes jurassiques.
    • 1843-1848. Lamellibranches crétacés.
    • 1847. Supplément aux Céphalopodes crétacés.
    • 1848-1851. Brachiopodes crétacés.
    • 1851-1854. Bryozoaires crétacés.
    • 1851-1860. Gastéropodes jurassiques.
    • 1854-1860. Echinodermes crétacés.
  • 1849-1852. Cours élémentaire de paléontologie et de géologie stratigraphiques, 1146 p., 628 figs. (3 vol.).
  • 1850-1852. Prodrome de paléontologie stratigraphique universelle des animaux mollusques et rayonnés fossiles. Paris: Masson. 1017 p. (3 vol.)
  • 1826. Tableau méthodique de la classe des Céphalopodes. Annales de Sciences naturelles
  • 1834. Notice sur un nouveau Cétacé des rivières du centre de l'Amérique méridionale. Nouvelles Annales du Muséum d'Histoire naturelle, 3: 28-36
  • 1835. Synopsis terrestrium et fluviatilium molluscorum, in suo per Americam meridionalem itinere. Magasin de zoologie, classe V, n°61-62: 1-44
  • 1835-1847. Voyage en Amérique méridionale. Pitois-Levrault, Paris (9 tomos, 11 vols.)
  • 1837. Mémoire sur des espèces et sur des genres nouveaux de l'ordre des Nudibranches observés sur les côtes de France. Magasin de zoologie, classe V, 1-16, pl. 102-109
  • 1842-1860. Paléontologie française. Paris, ~4000 pp., 1440 pl. lit. (9 tomos)
    • 1840-1842. Céphalopodes crétacés
    • 1842-1843. Gastéropodes crétacés
    • 1842-1851. Céphalopodes jurassiques
    • 1843-1848. Lamellibranches crétacés
    • 1847. Supplément aux Céphalopodes crétacés
    • 1848-1851. Brachiopodes crétacés
    • 1851-1854. Bryozoaires crétacés
    • 1851-1860. Gastéropodes jurassiques
    • 1854-1860. Echinodermes crétacés
  • 1849-1852. Cours élémentaire de paléontologie et de géologie stratigraphiques, 1146 pp. 628 figs. (3 vols.)
  • 1850-1852. Prodrome de paléontologie stratigraphique universelle des animaux mollusques et rayonnés fossiles. Masson, Paris. 1017 pp. (3 vols.)

Reedicións recentes[editar | editar a fonte]

  • 2006. Voyage dans l'Amérique méridionale: L'Argentine, La Découvrance Édition. ISBN 978-2842654320
  • 2007. Voyage dans l'Amerique méridionale: Pampas - Patagonie, La Découvrance Édition. ISBN 978-2842654429
  • 2010. Fragment D'Un Voyage Au Centre de L'Amerique Meridionale: Contenant Des Considrations Sur La Navigation de L'Amazone Et de La Plata, Et Sur Les Ancienne, Nabu Press. ISBN 978-1142206512
  • 2010. Voyage Dans Les Deux Ameriques: Augment de Renseignements Exacts Jusqu'en 1853 Sur Les Differents Tats Du Nouveau Monde, Nabu Press. ISBN 978-1143916052

Taxons dedicados[editar | editar a fonte]

Os siguientes taxons levan o seu nombre no seu honor:

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura A.D.Orb. emprégase para indicar a Alcide d'Orbigny como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • A abreviatura d'Orbigny emprégase para indicar a Alcide d'Orbigny como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Orbigny, Alcide d' (1840) Mémoire sur les foraminifères de la craie blanche du bassin de Paris. Mémoires de la Société Géologique de France, serie 1, 4(1): 1-51 (lám. III)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alcide d'Orbigny
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alcide d'Orbigny

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Miguel Telles Antunes e Philippe Taquet (2002): "Le roi Dom Pedro V et le paléontologue Alcide d’Orbigny: un épisode des relations scientifiques entre le Portugal et la France", Comptes Rendus Palevol., 1 (7): 639-647.
  • Marie-Thérèse Vénec-Peyré (2002): "Alcide d’Orbigny (1802–1857): sa vie et son œuvre", Comptes Rendus Palevol, 1 (6): 313-323.
  • La Gazette des Français du Paraguay, Alcide d'Orbigny - Voyageur Naturaliste pour le Muséum d'Histoire Naturelle dans le Cone Sud / Alcide d'Orbigny - Viajero Naturalista para el Museo Nacional de Historia Natural de Francia en el Cono Sur - Bilingue Français Espagnol - numéro 7, année 1, Asunción, Paraguay.
  • Philippe Taquet (2002): Un voyageur naturaliste. Alcide d’Orbigny. Du Nouveau Monde... au passé du monde, Nathan (Paris) et Muséum national d’histoire naturelle de Paris: 128 p. ISBN 2-09-261029-5.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]