Aris BC
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Aris Tesalónica BC")
| Aris Tesalónica BC Α.Σ. Άρης |
|
| Liga | A1 Ethniki |
| Fundado en | 1922 |
| Historia | 1922-presente |
| Pavillón | Alexandreio Melathron (5.500 espectadores) |
| Cidade | Tesalónica, Grecia |
| Cores | Amarelo e negro |
| Presidente | Giannis Damianidis |
| Adestrador | Fotis Katsikaris |
| Títulos | 1 Copa Korac 8 Copas gregas 10 Ligas gregas 1 Copa Saporta 1 Eurocopa do Desafío |
| Web | |
O Aris Tesalónica BC é a sección de baloncesto da sociedade polideportiva Aris Tesalónica creada en 1922. É o primeiro club de baloncesto da cidade de Tesalónica, por diante do PAOK, e o segundo club de baloncesto de Grecia en número de títulos, tralo Panathinaikos BC de Atenas.
Os mellores anos do club foron os '80, cando gañaron 6 ligas e cuatro copas gregas, e os anos '90, cando non só seguiron triunfando no baloncesto heleno senón que tamén acadaron logros europeos cunha Copa Saporta (antiga Recopa, en 1993) e unha Copa Korac (1997).
Desputa os sus encontros como local no pavillón Alexandreio Melathron de Tesalónica, cunha capacidade para 5.500 espectadores.
Índice |
Palmarés [editar]
Competicións nacionais [editar]
- 10 Ligas de baloncesto de Grecia: 1930, 1979, 1983, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990, 1991.
- 8 Copas de Grecia: 1985, 1987, 1988, 1989, 1990, 1992, 1998, 2004.
Competicións internacionais [editar]
- 1 Copa de Saporta (antiga Recopa): 1993.
- 1 Copa Korac: 1997.
- 1 Eurocopa do Desafío: 2003.
Xogadores históricos [editar]
- Nikos Galis (campión de Europa coa selección grega en 1987 como xogador)
- Panagiotis Giannakis (2 veces campión de Europa coa selección grega. En 1987 como xogador e en 2005 como adestrador)