Rolando Blackman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rolando Blackman
Posición Escolta
Dorsal 22, 20
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Nacemento 26 de febreiro de 1959 (65 anos)
Monaca, Cidade de Panamá, Panamá
Carreira
Universidade Kansas State
NBA Draft 1981 / Rolda: 1 / Elección: 9
Por Dallas Mavericks
Tempadas 19811996
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     17 623 (18,0 pp)
Rebotes     3 278 (3,3 pp)
Asistencias     2 981 (3,0 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Rolando "Ro" Antonio Blackman, nado o 26 de febreiro de 1959 na Cidade de Panamá, é un ex xogador profesional de baloncesto panameño, con dobre nacionalidade estadounidense, cuxa carreira profesional transcorreu durante a década dos 80. Medía 1,98 metros, xogaba na posición de base. Na actualidade é o Director de Desenvolvemento de Xogadores dos Dallas Mavericks.

Carreira[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Despois de crecer en Brooklyn, Nova York, Blackman asistiu á Universidade de Kansas State, sendo o xogador máis destacado do seu equipo. En 1980 foi nomeado Xogador do ano da súa conferencia, e elixido All-America, lista que designa os mellores universitarios do país. Anotou, nas súas 4 tempadas, 1844 puntos, a segunda anotación máis alta da historia da súa universidade. As súas estatísticas totais foron de 15,2 puntos e 5 rebotes por partido. Finalmente, antes de empezar a súa última tempada, foi elixido para representar a Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, pero o equipo estadounidense non participou nesas olimpíadas polo boicot do seu país.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido na novena posición do Draft da NBA de 1981 polos Dallas Mavericks, equipo no que permanecería durante 11 tempadas, aos cales levaría aos play-offs en seis ocasións, sendo elixido catro veces para participar no All-Star Game. Salvo nos seus dúas primeiras tempadas, a súa media de anotación roldou sempre os 20 puntos por partido. En 1992, con 33 anos, foi traspasado aos New York Knicks, onde xogou dous anos máis, cun rendemento notablemente inferior ao da súa carreira en Dallas.

Europa[editar | editar a fonte]

Decidiu estender a súa carreira indo xogar a Europa, fichando polo equipo da liga grega do AEK Atenas, na tempada 1994-95. Ao ano seguinte o seu destino sería a LEGA italiana, en concreto o Olimpia Milano, co que gañaría a liga e a copa.

Equipos[editar | editar a fonte]

Logros persoais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]