Ángel Zubieta
![]() |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Ángel Zubieta Redondo | ||
| Nacemento | 17 de xullo de 1918 | ||
| Lugar | Galdakao, España | ||
| Falecemento | 28 de outubro de 1985 (67 anos) | ||
| Lugar | Bos Aires, Arxentina | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 1935–1939 | Athletic Club | 22 | (2) |
| 1939–1952 | San Lorenzo | 352 | (29) |
| 1952–1956 | Deportivo da Coruña | 56 | (2) |
| Selección nacional | |||
| 1936 | España | 2 | (0) |
| 1936–1938 | Euskadi | ||
| Adestrador | |||
| 1955–1957 | Deportivo da Coruña | ||
| 1962–1963 | Athletic Club | ||
| 1963 | Valladolid | ||
| 1964 | Belenenses | ||
| 1968–1969 | Belenenses | ||
| 1969–1970 | Jaén | ||
| 1970–1974 | Pumas UNAM | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Ángel Zubieta Redondo, nado en Galdakao (Biscaia) o 17 de xullo de 1918 e finado en Bos Aires o 28 de outubro de 1985) foi un futbolista vasco que foi convocado tanto pola selección vasca como polo combinado español. Desenvolveu a súa carreira futbolística principalmente en Arxentina.
Posúe dous récords dentro do fútbol español: foi o xogador máis novo en debutar coa selección española e é aquel que máis tempo deixou transcorrer entre o seu debut na Liga española e o seu último partido; 20 anos, dous meses e seis días. Xogaba de medio defensivo e o seu primeiro equipo foi o Athletic Club de Bilbao.
Índice |
[editar] Traxectoria
Naceu en 1918 na localidade biscaína de Galdácano. O seu irmán maior, Santi Zubieta, tamén foi futbolista profesional. Ángel comezou xogando ao fútbol no equipo da súa vila, e en 1935 foi fichado polo Athletic Club de Bilbao cando contaba con 17 anos de idade recentemente cumpridos. Con esa idade debutou co Athletic e na súa primeira tempada converteuse en peza crave do equipo, proclamándose campión de Liga. Zubieta xogou 21 partidos e marcou 2 goles esa tempada. O seu excelente xogo chamou tanto a atención que foi chamado a debutar como xogador internacional sen cumprir aínda os 18 anos. Con 17 anos e 9 meses ostenta aínda hoxe en día o record de ser o xogador máis novo en debutar coa selección española absoluta.
Con todo esa prometedora carreira viuse freada polo estoupido da Guerra Civil Española no verán de 1936. A mozo Zubieta foi un dos xogadores elixidos para formar parte durante a guerra da Selección de Euzkadi, combinado nacional creado polo Goberno Vasco co fin de recadar fondos en Europa para os refuxiados vascos e realizar un labor propagandístico en favor do Goberno Vasco e a República. Zubieta coincidiu nesta selección con moitos dos mellores futbolistas vascos da época como Luis Regueiro, Gregorio Blasco, Isidro Lángara, Guillermo Gorostiza ou Txato Iraragorri. O Euzkadi realizou unha luminosa xira por Europa disputando partidos amigables. Tras caer Bilbao en mans franquistas a Selección de Euzkadi marchou a América para proseguir a xira. Durante a xira americana da Selección de Euzkadi é fichado polo equipo arxentino San Lorenzo de Almagro.
Con San Lorenzo Zubieta realizou a maior parte da súa carreira deportiva, xogando no equipo arxentino durante máis dunha década e converténdose nun dos xogadores históricos do club porteño. As súas 13 tempadas en San Lorenzo o conviertieron no xogador que máis veces defendera a camisola do equipo e aínda hoxe en día, con 352 partidos oficiais, Zubieta segue sendo o terceiro xogador que máis veces vestiu a camiseta azulgrana.
Capitaneou o mítico equipo de San Lorenzo que obtivo a Liga arxentina de 1946 e que realizou unha posterior xira triunfal por España e Portugal. Nesta xira San Lorenzo chegou a vencer en varias ocasións á selección española. Con todo, ao ser Zubieta un xogador de carácter defensivo, aquel equipo é máis recordado polo seu brilante triplete atacante: Farro, Pontoni e Martino.
Na tempada 1952–53 un Zubieta xa veterano regresou a España para pechar a súa carreira deportiva no Deportivo da Coruña onde permaneceu 4 tempadas e xogou 56 partidos na Primeira División. Nas súas 2 últimas campañas simultaneou as funcións de xogador e adestrador. Retirouse como futbolista en 1956 con 38 anos de idade.
[editar] Selección de fútbol de España
Foi internacional coa selección española en 2 ocasións.
Os seus dous partidos como internacional foron amigables que disputou a selección española en 1936 ante Checoslovaquia e Suíza. Malia debutar moi novo coa selección, a Guerra Civil e o seu posterior exilio futbolístico en Arxentina impedíronlle volver ser internacional, xa que cando volveu a España xa era un xogador moi veterano. Ángel Zubieta ostenta aínda hoxe en día o record de ser o xogador máis novo en debutar coa selección española absoluta.
É de destacar a súa participación coa Selección de fútbol do País Vasco na xira que realizou esta por Europa e América durante a Guerra Civil (1937-39).
[editar] Carreira como adestrador
Iniciouse como adestrador-xogador na tempada 1955–56 no Deportivo da Coruña, facéndose cargo do equipo a falta de 8 xornadas para rematar o campionato, tras o cese de Pahiño. Era o terceiro adestrador do club coruñés esta campaña, que logrou evitar o descenso por un punto. Na seguinte tempada continuou coa labor de adestrador, mais foi cesado na xornada 21, co equipo como último clasificado, e substituído por Diego Villalonga, con quen finalmente descendería o Dépor á Segunda División.
Con posterioridade adestraría entre outros equipos da Primeira División española ao Athletic Club (1962–63) e ao Real Valladolid (1963–64). Tamén adestrou en México aos Pumas de la UNAM (1971–1974) e en Arxentina ao Club Atlético Atlanta e ao Deportivo Español entre outros equipos. No Deportivo Español conseguiu o ascenso da Divisional D á C no ano 1958 e o ascenso da Divisional C á B no ano 1960, dirixindo en total 266 encontros (é o técnico con máis partidos neste club).
[editar] Palmarés
- Athletic Club
- San Lorenzo
- Liga de Arxentina: 1946.
- Copa Río de La Plata: 1946.
