Saltar ao contido

Carmesí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmesí
Paredes do Palacio da Lexión de Honor de California, pintadas en carmesí
Coordenadas de cor
Triplete hexadecimalA51C30
OrixeCarmesí (crimson), cor oficial da Universidade Harvard, baseado en Pantone 187.[1]

O carmesí,[2] é unha cor que corresponde especificamente á coloración do po que resultaba de triturar os corpos secos das femias do insecto chamado quermes (Kermes vermilio),[3] que se recollían principalmente dos arbustos Quercus coccifera, e que se comercializaba nos países mediterráneos como pigmento para tinguir teas.

Tamén se chamaron "carmesí" ás cores subministrados pola tintura do quermes —que se asemella ao "carmín" das pinturas artísticas que hoxe en día se comercializan baixo esa denominación de cor— e os panos de seda ou de la tinguidos de cor escarlata nos que, polo xeral, se empregaba como mordente alume, e se tinguían con carmesí. Máis amplamente, por carmesí pode entenderse a cor escarlata ou calquera tea tinguida de vermello vivo.[3]

Carmesí (Pantone)[4]
Carmesí (específico)[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O vocábulo "carmesí" aparece na lingua castelá a mediados do século XV, aínda que foi precedido por clemesín, utilizado durante o século XIV.[5] Deriva do latín medieval cremesinus,[6] por vía do árabe hispánico qarmazí, "da cor do quermes".[7][8] E do castelá pasou ao galego

As cores web establecidos por protocolos informáticos para o seu uso en páxinas web inclúen os carmesí (Crimson) que se mostran abaixo. En programación á posíbel invocalo polo seu nome, ademais de polo su valor hexadecimal. Véxase Triplete hexadecimal.

Carmesí Carmesí
HTML #DC143C #A20025
RGB (220, 20, 60) (162, 0, 37)
HSV (348°, 91 %, 86 %) (346°, 100 %, 64 %)
Referencia X11 Windows Phone 8.[9]

Historia e usos

[editar | editar a fonte]

Na Europa do século XV a cor escarlata era considerada a máis suntuosa e cara, e a carmesí, a ser similar, compartía ese privilexio. Foi un colorante de primeira orde na industria tintureira toscana da época, e á vez a principal cor das roupas de luto, seguida da escarlata e a pavonazo (unha púrpura escura).[3]

Vexiloloxía española

[editar | editar a fonte]

A carmesí é considerada a cor vexilolóxico tradicional de Castela (España). Os pendóns de moitas vilas e pobos casteláns defínense, actual e tradicionalmente, por esa cor. Porén, a confusión acerca da cor precisa deste "carmesí" deu lugar a variantes.

Cómpre recordar que "carmesí" non é só unha denominación de cor, senón que tamén designa aos tecidos de seda ou de la tinguidos desa cor ou de escarlata e, por extensión, a calquera pano tinguido de vermello vivo.[3]

Nos séculos XVIII e XIX xulgouse que a chamada carmesí representaba a púrpura heráldica, levando a considerar o pendón castelán portado polos comuneiros como púrpureo, aínda sen ter probas diso. Posteriormente varios especialistas xustificaron o erro na decoloración de moitas bandeiras e estandartes de tafetá carmesí que, co paso dos anos, toman un ton violáceo ou purpúreo.

Na actualidade, numerosos territorios e localidades de España definen a cor das súas bandeiras como "carmesí", algúns simplemente de forma nominal e outros precisando a súa coloración de maneira exacta mediante especificacións técnicas, dando lugar a variacións. O máis habitual son as construcións coas armas do organismo ou municipio sobre un pano carmesí, como é costume cos reposteiros.

Vermello Cartagena

[editar | editar a fonte]
Pantone 202 C[10][11]

Na rexión española de Murcia, a carmesí vexilolóxica denomínase vermello Cartagena; recibe ese nome debido a que é a cor da bandeira do municipio de Cartagena.[12]

Oficialmente normalizouse como Pantone 202, código pertencente ao sistema de cor Pantone Matching System.

Trátase dun vermello purpúreo escuro.


Comunidades autónomas de España

[editar | editar a fonte]

Provincias españolas

[editar | editar a fonte]

Municipios españois

[editar | editar a fonte]

Municipios cuxas bandeiras se inscriben nun único campo carmesí:

Municipios cuxo compoñente carmesí é parcial:

  1. Exemple de charte graphique : Harvard Arquivado 26 de xuño de 2020 en Wayback Machine. Brand and Visual Identity Guidelines, Harvard U. 2014. Crimson en Pinterest.
  2. carmesí no Dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gallego, Rosa; Sanz, Juan Carlos (2005). Guía de coloraciones. Madrid: H. Blume. ISBN 84-8984-031-8. 
  4. PANTONE PQ-19-1762TCX Crimson Arquivado 27 de xuño de 2020 en Wayback Machine. Pantone LLC, 2018
  5. carmesí, no Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Joan Corominas, 2011, consultado o 25 de xuño de 2020.
  6. crimson, no Online Etymology Dictionary, Douglas Harper, 2001–2012, consultado o 25 de xuño de 2020.
  7. carmesí en DiGalego. Consultado o 25 de xullo de 2020.
  8. carmesí no DRAE. Consultado o 25 de xullo de 2020.
  9. Windows Phone 8 Theme Colors Creepyed 2012
  10. "PANTONE 202 C" (en inglés). Pantone LLC. 2020. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  11. "Find a PANTONE Color" (en inglés). Pantone LLC. 2014. Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  12. Durán Rodríguez, Adolfo (1989). "Murcia. Ciudad, reino, provincia, región" (PDF). Comunicaciones del IV Congreso Nacional de Vexilología (Alcalá de Henares ed.): 6. Consultado o 25 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]