Ezkurra
Coordenadas: 43°5′5.1″N 1°49′29.14″O / 43.084750, -1.8247611
Ezkurra | ||
---|---|---|
Ezkurra | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade Autónoma | ![]() | |
Comarca | Malerreka | |
Xeografía | ||
Altitude | 525 msnm | |
Superficie | 23,82 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 153 hab. (2014) | |
Densidade | 6,38 hab./km² | |
Xentilicio | Ezkurrar | |
Outros datos | ||
Código postal | 31749 | |
Alcalde | Julián Gogorza Jauregui (Idoia) | |
non dispoñíbel |
Ezkurra é un concello da Comunidade Foral de Navarra, situado no Meiriñado de Pamplona, na comarca de Malerreka, a 58 km de Pamplona. A súa poboación en 2014 foi de 152 habitantes segundo o INE.[1]
É o concello navarro con máis porcentaxe de euscaldunas.
Topónimo[editar | editar a fonte]
Ezkur significa landra en lingua éuscara, polo que ezkurra significaría, literalmente, a landra. Crese que o topónimo fai referencia á abundancia de árbores que daban este froito no lugar onde se situou a poboación. Os naturais da vila de Ezkurra denomínanse ezkurrares.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Localización[editar | editar a fonte]
A localidade de Ezkurra fica situada na parte noroeste da Comunidade Foral de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, na comarca xeográfica dos Vales Cantábricos, no val de Basaburúa Menor e a unha altitude de 525 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 23,82 km² e limita ao norte co concello de Goizueta, ao este co de Eratsun, ao sur co de Basaburua e ao oeste co de Leitza.
Política[editar | editar a fonte]
Mandato | Nome do alcalde | Partido político |
---|---|---|
2003-2007 | Martín Gastearena Balda | Idoia |
2007-2011 | Julián Gogorza Jauregui | Idoia |
2011- | Julián Gogorza Jauregui | Idoia |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cifras de poboación referidas ao 1/1/2013". Consultado o 23 de xullo de 2015.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ezkurra ![]() |