Abartzuza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°43′35″N 2°1′21″O / 42.72639, -2.02250

Abartzuza
Abárzuza
Escudo de Abárzuza.svg
Nuestra Señora de la Asunción - Abárzuza (01).jpg
Localización
Abartzuza en España
Abartzuza
Abartzuza
Abartzuza en Navarra
Abartzuza
Abartzuza
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaNavarra Navarra
ProvinciaNavarra Navarra
ComarcaEstella Oriental
Xeografía
Altitude569 msnm
Superficie23,02 km²
Demografía
Poboación556
Densidade24,15
XentilicioAbartzuzar
Outros datos
Código postal31xxx
AlcaldeJosé María Ros Antona (Agrupación Electoral Elkea)
Páxina oficial

Abartzuza (en éuscaro) ou Abárzuza (en castelán, as dúas formas oficiais) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Estella, na comarca de Estella Oriental e a 37 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 556 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 23,02 km² e a súa densidade de poboación é de 24,15 hab/km².

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome do concello provén do éuscaro e vería a significar lugar abondoso en leña; de abar (póla en éuscaro), zur (madeira) ou tzu (sufixo de abundancial) e -tza (sufixo abundancial ou locativo). No 2011, o concello, que está situado lingüisticamente na zona mixta de Navarra, adoptou unha denominación cooficial en lingua éuscara.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007
508 517 514 514 516 510 522 514 534 563 579
Fontes: Abartzuza e Instituto de Estadística de Navarra

Distribución da poboación[editar | editar a fonte]

O concello divídese nas seguintes entidades de poboación, segundo o nomenclátor de poboación publicado polo INE (Instituto Nacional de Estadística). Os datos de poboación refírense a 2014.

Núcleos de poboación[1]
Entidade de Poboación Poboación (2014)
Abartzuza 535
Anderaz 11
Monasterio de Iranzu 10

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Ademais de varias casas brasonadas e da igrexa gótico-renacentista da Nosa Señora da Asunción, a só catro quilómetros do núcleo urbano eríxese o Mosteiro de Santa María a Real de Iranzu que foi declarado ben de interese cultural o 3 de xuño de 1931.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Nacional de Estadística (ed.). "INEbase / Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales". Consultado o 25 de xullo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]