Ziritza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°47′26″N 1°49′36″O / 42.79056, -1.82667

Ziritza
Ciriza
Escudo de Ciriza.svg
Ziritza.JPG
Vista do concello.
Localización
Ziritza en España
Ziritza
Ziritza
Ziritza en Navarra
Ziritza
Ziritza
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaNavarra Navarra
ProvinciaNavarra Navarra
ComarcaConca de Pamplona
Xeografía
Altitude463 msnm
Superficie4,36 km²
Demografía
Poboación124
Densidade28,21
XentilicioZiritzar
Outros datos
Código postal31174
AlcaldeMaría Cristina Porrón Goñi (CPT)

Ziritza (en castelán e tamén oficial: Ciriza) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Pamplona, na Cuenca de Pamplona e a 16 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 124 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 4,36 km² e a súa densidade de poboación é de 28,44 hab/km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

A localidade de Ciriza atópase no centro de Navarra, dentro da Conca de Pamplona. O seu termo municipal ten unha superficie de 3,688 km² e limita polo norte e leste con Etxauri, polo sur con Zabalza e Etxarri e polo oeste con Gesalatz. Ten dous núcleos de poboación, Ziritza e Elio.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación[editar | editar a fonte]

Cantidade de habitantes segundo os censos municipais de 1897 a 2001 do Instituto Nacional de Estadística (INE). A poboación referida entre 1897 e 1991 é a de dereito]]; a de 2001, a residente; e a poboación de 2014 é a correspondente ó padrón municipal.

Evolución demográfica[1]
1897 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2014
187 180 195 178 127 117 112 123 67 53 57 64 123

Política e administración[editar | editar a fonte]

Administración municipal[editar | editar a fonte]

A administración política realízase a través dun concello de xestión democrática cuxos compoñentes elíxense cada catro anos por sufraxio universal dende as primeiras eleccións municipais trala reinstauración da democracia en España, en 1979. O censo electoral está composto polos residentes maiores de 18 anos empadroados no concello, xa sexan de nacionalidade española ou de calquera país membro da Unión Europea. Segundo o disposto na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral,[2] que estabelece o número de concelleiros elixibles en función da poboación do concello, a corporación municipal está formada por 5 concelleiros. A sede do concello de Ziritza atópase na rúa San Miguel, 7 da localidade.

Alcaldes

Estes son os últimos alcaldes de Ciriza:

Lista de alcaldes
Mandato Nome do alcalde Partido político
2003-2007 Fernando José Pérez Lastra AE
2007-2011 Rafael Gorostidi Urnieta CPT
2011- María Cristina Porrón Goñi CPT

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Nacional de Estadística (España) (ed.). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842 Ciriza". Consultado o 9 de novembro de 2010. 
  2. Jefatura del Estado (BOE n. 147 de 20/6/1985, ed. (1985). "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General.". Arquivado dende o orixinal o 25/06/2008. Consultado o 13 de xullo de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Datos de Ziritza - Goberno de Navarra - Información e datos de entidades locais de Navarra.