Erronkari
| Roncal (es) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade foral | Navarra | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 206 (2025) | |||
| Lingua oficial | lingua éuscara (zona lingüística) lingua castelá (zona lingüística) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 38,8 km² | |||
| Altitude | 720 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | Alfredo Cabodevilla Munarriz (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 31415 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 31210 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | Arette (1991–) | |||
Erronkari (tamén oficial en castelán: Roncal) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Roncal-Salazar e a 90 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 241 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 38,8 km² e a súa densidade de poboación é de 6,21 hab/km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]
Situación
[editar | editar a fonte]A localidade de Erronkari está situada na parte Nordés da Comunidade Foral de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, a comarca xeográfica dos Vales Pirenaicos Orientais, no centro do val de Roncal e a unha altitude de 720 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 38,8 km² e limita ó norte cos concellos de Uztarroze, Urzainki e Izaba, ó leste co de Garde, ó sur co de Burgi e ó oeste co de Bidankoze.[1]
Barrios
[editar | editar a fonte]Arana, Castillo, Iriartea, Iriondoa e San Juan.
Demografía
[editar | editar a fonte]A evolución da poboación dende 1900 foi inicialmente ascendente até o censo de 1910 que acadou o máximo de 572 habitantes, a partir do cal foi descendendo paseniño. Dende o ano 1900 até o ano 2014 o descenso foi do -5,4%.
Cultura
[editar | editar a fonte]Nesta localidade viviron os derradeiros falantes do uskara ou roncalés, variedade local do éuscaro.
Festas
[editar | editar a fonte]As festas patronais de Erronkari celébranse do 14 ó 18 de agosto, na honra da Nosa Señora do Castelo.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]Son típicas as migas do pastor, así como os "calderetes" de cordeiro (guiso de cordeiro con patacas). O produto típico con denominación de orixe é o queixo Roncal.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía baséase nunha fábrica de queixo, así coma na gandería e o turismo rural. Asemade, dispón de oficinas bancarias, comercios, biblioteca e un Centro de Interpretación da Natureza, onde se representa a fauna e flora do Val de Roncal, así como se describen as formas de vida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Artículo de Roncal". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 1 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Erronkari |
