Ezkaroze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°53′19″N 1°5′47″O / 42.88861, -1.09639

Ezkaroze
Ezcároz
Ezkaroze
Escudo del valle de Salazar.svg
Ezkaroze.JPG
Vista da localidade.
Localización
Ezkaroze en España
Ezkaroze
Ezkaroze
Ezkaroze en Navarra
Ezkaroze
Ezkaroze
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaNavarra Navarra
ProvinciaNavarra Navarra
ComarcaRoncal-Salazar
Xeografía
Altitude742 msnm
Superficie29,27 km²
Demografía
Poboación329 habitantes (2014)
Densidade11,24 hab/km²
XentilicioEzcaroztar
Outros datos
Código postal31690
AlcaldeJuan José Layana Barber (Independientes Vecinos de Ezcároz)
Páxina oficial

Ezkaroze (tamén oficial en castelán: Ezcároz) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, no val de Salazar e a 84 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2014 foi de 329 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 29,27 km² e a súa densidade de poboación é de 11,58 hab/km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

A localidade de Ezkaroze atópase na parte nordés de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra (Vales Pirenaicos), na comarca xeográfica de Roncal-Salazar e na zona central do Val de Salazar. Está a unha altitude de 742 msnm. O seu termo municipal abrangue unha superficie de 29,27 km² e limita ó norte co concello de Otsagabia, ó leste co de Uztarroze, ó sur co de Orontze e ó oeste co de Jaurrieta.[1]

Cultura[editar | editar a fonte]

Símbolos[editar | editar a fonte]

O escudo de armas da vila de Ezkaroze ten o seguinte brasón:

Trae de goles e un lobo de sable coas unllas douradas, que ten atravesado na boca un cordeiro de prata cos cornos dourados.

Este escudo é o brasón privativo do val de Salazar e ó mesmo tempo, de cada unha das súas vilas. Simboliza a natureza gandeira do val e a necesidade de defender os animais dos ataques dos lobos.[2]

Servizos públicos[editar | editar a fonte]

Sanidade[editar | editar a fonte]

Atención primaria

O concello de Ezkaroze pertence á Área II de Saúde de Navarra Leste e á Zona Básica de Saúde do Val de Salazar, a cal comprende os concelos de: Navascués, Sartze, Ezkaroze, Itzaltzu, Galoze, Espartza Zaraitzu, Jaurrieta, Gorza, Orontze e Otsagabia.

O centro de saúde desta zona atópase situado nesta localidade.[3]

Atención hospitalaria

O concello pertence á área de Pamplona, onde hai 2 hospitais de nivel terciario, un hospital monográfico de ortopedia e rehabilitación na localidade de Elkano, 4 centros ambulatorios de atención especializada, 3 en Pamplona e un en Tafalla, e 7 centros de saúde mental, 5 en Pamplona, un en Burlada e outro en Tafalla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Ezcároz". Gran Enciclopedia Navarra. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2018. {
  2. OTAZU RIPA, Jesús Lorenzo (1999). Navarra - Temas de Cultura Popular n.º 288, Heráldica Municipal de la Merindad de Sangüesa I. Gobierno de Navarra. p. 19. ISBN 84-235-0076-4. 
  3. Gobierno de Navarra (ed.). "Ley Foral 22/1985, de 13 de noviembre, Por la que se establece la zonificación sanitaria de Navarra". Boletín Oficial de Navarra. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2010. Consultado o 15 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]