Ergoiena
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade foral | Navarra | ||||
| Capital | Ergoiena (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 392 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua éuscara (zona lingüística) lingua castelá | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 41,81 km² | ||||
| Altitude | 608 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Maria Isabel Senar Berastegui (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 31829 | ||||
| Código INE | 31091 | ||||
Ergoiena é un concello de Navarra,[1] na comarca de Sakana, dentro do meiriñado de Pamplona. Abrangue as vilas de Lizarraga, Dorrao e Unanu.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome Ergoiena significa en éuscaro a terra máis alta. Está formado por (h)err(i) (terra, país ou vila), goien (o máis alto) e -a (artigo). Ergoiena forma unha especia de desvío do val de Sakana. Está situado a máis altitude que o resto das vilas veciñas da comarca, que ocupan o fondo do val. Lizarraga atópase a 589 m de altura, fronte aos 508 m de Etxarri Aranatz ou os 515 m de Bakaiku. É por iso que se cre que deriva o nome de Ergoiena. O mesmo topónimo aparece noutros lugares do País Vasco e Navarra referíndose sempre a barrios ou lugares altos.
Demografía
[editar | editar a fonte]No ano 2023 contaba cunha poboación de 380 habitantes.
| Gráfica de evolución demográfica de Ergoiena entre 1900 e 2023 |
![]() |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Relación de Municipios y sus Códigos por Provincias a 1 de enero de 2019". 8 de febreiro de 2019.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ergoiena |

