Juan José Salón Arocena (Agrupación Electores San Martín)
Abaurrepea (en castelán: Abaurrea Baja e oficialmente Abaurrepea/Abaurrea Baja) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na bisbarra de Auñamendi, no val de Aézcoa e a 67 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 38 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 10,89 km² e a súa densidade de poboación é de 3,49 hab/km².
O nome da localidade é Abaurrepea,[2] que provén de Abaurre(a) + -pe(a) (de abaixo), aínda que na comarca do Val de Aezkoa pronúnciase como Aburrepea. Este nome é cooficial dende a década de 1980 xunto con Abaurrea Baja.