Sada, Navarra
| Sada (es) Zare, Zare-Zangotza (eu) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade foral | Navarra | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 130 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 12,67 km² | |||
| Altitude | 512 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | Luis Angel Mateo Azcarate (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 31491 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 31212 | |||
Sada (en castelán: Sada; en éuscaro: Zure) é un concello de Navarra, na comarca de Sangüesa, a 49,2 km de Iruña. A súa poboación en 2014 era de 172 habitantes (INE). É un concello non vascófono.[1]
Xeografía física
[editar | editar a fonte]Sada fica situada na zona leste de Navarra, a un quilómetro da estrada NA-132 que une Estella con Sangüesa no km 65.
O clima é mediterráneo continental semihúmido con invernos fríos e veráns calorosos, cunha precipitación media de 500–600 mm ao ano.
A terra cultivábel está moi repartida entre todos os veciños e o termo da localidade é pequeno (12,7 km²). Os principais cultivos son a vide, cereal, oliveiros e pequenas hortas familiares.
Até primeiros do século XVIII nesta vila falábase éuscaro (a maior parte dos nomes dos termos agrícolas son en éuscaro na actualidade).
En 1908, debido á Sada galega, comezouse a chamar Sada de Sangüesa até que en 1980 por orde foral do Goberno de Navarra pasouse a chamar novamente Sada.
Demografía
[editar | editar a fonte]| 1897 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2014 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 810 | 805 | 791 | 790 | 693 | 616 | 556 | 548 | 425 | 336 | 280 | 224 | 172 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Datos de Sada en Navarra.es". Consultado o 15 de xullo de 2015.
