Irurtzun
Coordenadas: 42°55′6″N 1°49′43″O / 42.91833, -1.82861
Irurtzun | ||
---|---|---|
Irurzun | ||
![]() | ||
Vista do concello. | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade Autónoma | ![]() | |
Provincia | ![]() | |
Comarca | Barranca | |
Xeografía | ||
Altitude | 484 msnm | |
Superficie | 3,5 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 2300 | |
Densidade | 635,14 | |
Xentilicio | Irurtzundar | |
Outros datos | ||
Código postal | 31860 | |
Alcalde | Aitor Larraza Carrera (EH Bildu) | |
Páxina oficial |
Irurtzun (en castelán: Irurzun) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Pamplona, na bisbarra de La Barranca, no val de Arakil e a 20 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 2.300 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 3,5 km² e a súa densidade de poboación é de 657,14 hab/km².
Atópase na confluencia das autovías A-10, que comunica Iruñea con Vitoria e A-15, que comunica Iruñea con Donostia.
Topónimo[editar | editar a fonte]

O topónimo Irurtzun provén do éuscaro, aínda que ten un significado dubidoso. Segundo o filólogo Mikel Belasko podería estar relacionado co nome da planta chamada zihaurri (en certas variantes dialectais ihaurri), que se corresponde co engo ou sabugueiriño. Segundo esta hipótese, o nome da planta (z)ihaurri iría acompañado do sufixo abundancial -tze ou tzu e do sufixo -un, variante de une, que significa lugar. Así, o significado etimolóxico último de Irurtzun sería lugar con abundancia de engo.
A documentación máis antiga que nomea esta poboación data do século XIII. Nela é mencionada baixo os nomes Yrurçun, Hirurçu, Irusun, Irurçun ou Içurçun.
O nome vasco e español da localidade difiren na súa pronunciación e forma de escribir, aínda que orixinalmente eran comúns. Da forma orixinal Irurçun pasou en español a Irurzun, mentres que en lingua vasca mantivo a pronunciación orixinal, que actualmente se transcribe como Irurtzun. En 1996, cando o concello de Irurzun constituíuse en concello independente separándose de Arakil adoptou como denominación oficial a variante vasca do topónimo.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Irurtzun atópase no extremo oriental do corredor da Barranca, ó pé dos montes Erga (1088 msnm) e Gaztelu (996 msnm). Devanditos montes conectan coa Serra de Aralar e Andia respectivamente.
Barrios[editar | editar a fonte]
Dos Hermanas, Ardubil, Aralar, San Martín, Ardanzeta, Urbasa, Aldapa...
Localidades limítrofes[editar | editar a fonte]
O concello limita polo norte con Latasa e Aguinaga, polo sur con Izurdiaga, polo leste con Aizcorbe e polo oeste con Etxeberri.
Demografía[editar | editar a fonte]
1897 | 1900 | 1920 | 1930 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2014 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.298 | 1.196 | 1.200 | 1.245 | 889 | 1588 | 1.884 | 1.996 | 2.000 | 2.175 | 2233 |