Itzaltzu
Coordenadas: 42°54′52″N 1°3′8″O / 42.91444, -1.05222
Itzaltzu | ||
---|---|---|
Izalzu | ||
![]() | ||
Vista do concello | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade Autónoma | ![]() | |
Provincia | ![]() | |
Comarca | Roncal-Salazar | |
Xeografía | ||
Altitude | 803 msnm | |
Superficie | 7,3 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 52 | |
Densidade | 6,85 | |
Xentilicio | Itzaltzuar | |
Outros datos | ||
Código postal | 31689 | |
Alcalde | Lorenzo Goyeneche Sola (Anduña) |
Itzaltzu (en castelán e tamén oficial: Izalzu) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, no val de Salazar e a 88 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 52 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 7,3 km² e a súa densidade de poboación é de 7,12 hab/km².
Topónimo[editar | editar a fonte]
Izaltzu é un topónimo de orixe éuscaro. O nome antigo de Izaltzu era Yçiçuloa (s.XI) ou Içeyçuloa (s.XII), cando unicamente había un mosteiro no sitio. Este topónimo antigo significa en éuscaro o fondal de abetos, de izei (abeto) e zuloa (burato, fondal). Con posterioridade medrou a vila arredor do mosteiro e o lugar pasou a ser coñecido como Izaltzu. Algúns apuntan a posibilidade de que o nome Izalzu derive de Izizulo, mais os filólogos consideran que son dous topónimos diferentes. Segundo Mikel Belasko, Izalzu significa lugar de sombras, lugar sombrío e provería de itzal (sombra) e o sufixo abundancial -(t)zu.[1] En éuscaro, o nome da vila transcríbese como Itzaltzu. Dende 2000, son cooficiais o nome castelán e o éuscaro.
Símbolos[editar | editar a fonte]
Escudo[editar | editar a fonte]
O escudo de armas da vila de Izaltzu ten o seguinte brasón:
Trae de goles e un lobo de sable coas unllas douradas, que ten atravesado na boca un año de prata cos cornos dourados.
Este escudo é o brasón privativo do val de Salazar e ó mesmo tempo de cada un das súas vilas. Simboliza a natureza gandeira do val e a necesidade de defender os animais dos ataques dos lobos. [2]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situación[editar | editar a fonte]
A localidade de Izaltzu atópase na parte Nordeste de Navarra e norte do Val de Salazar a unha altitude de 803 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 7,3 km² e limita polo norte con terreo comunal do Val de Salazar, polo leste e sur coa facería de Izaltzu-Otsagabia e polo oeste co concello de Otsagabia.[3]
Demografía[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 |
49 | 50 | 51 | 48 | 47 | 47 | 45 | 47 | 46 | 47 | 48 |
Fonts: Itzaltzu e Instituto de Estatística de Navarra |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Blog de Toponimia de Mikel Belasko Publicado en Diccionario etimológico de los nombres de los pueblos, villas y ciudades de Navarra. Apellidos navarros. Editorial Pamiela, Pamplona, 1996. 2ª ed, 1999.
- ↑ OTAZU RIPA, Jesús Lorenzo (1999). Navarra - Temas de Cultura Popular n.º 288, Heráldica Municipal de la Merindad de Sangüesa I. Goberno de Navarra. p. 31. ISBN 84-235-0076-4.
- ↑ Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Artículo de Izalzu". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 21 de novembro de 2011.[Ligazón morta]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Itzaltzu ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos de Izalzu - Goberno de Navarra - Información e datos de entidades locais de Navarra.