A función executiva é asignada a outro órgano que xorde do propio parlamento: o Goberno do Principado de Asturias. O Presidente do Principado é elixido pola Xunta Xeral entre os seus membros e este encárgase de designar o Consello de Goberno cuxo labor é controlado pola cámara. Así mesmo, tamén lle corresponde á Xunta Xeral aprobar os orzamentos da comunidade autónoma.
Os deputados representan o pobo asturiano e son escollidos por este baseándose en tres circunscricións electorais. Gozan duns dereitos e adquiren unhas obrigacións. Tamén desfrutan de certas prerrogativas como a inviolabilidade e o foro especial. Os deputados agrúpanse en grupos parlamentarios.
Deputados da XII Lexislatura da Xunta Xeral do Principado de Asturias[1][2]
Son grupos de deputados que estudan asuntos que se lles encomendan e levan ao Pleno da Xunta Xeral propostas ou ditames. Ás veces actúan con poder decisorio, ao aprobar resolucións de carácter non lexislativo. Tamén controlan o cumprimento que fai o Consello de Goberno das mocións e resolucións de proposicións non de lei. Intégranas membros designados polos grupos parlamentarios no número sinalado pola Mesa unha vez escoitada a Xunta de Portavoces. Todos os grupos teñen dereito a contar cun representante como mínimo en cada comisión. Cada comisión ten unha Mesa integrada por un Presidente, Vicepresidente e un Secretario elixidos entre os seus compoñentes.
Comisións da Xunta Xeral do Principado de Asturias
Comisión
Presidencia
Grupo
Ciencia, Empresas, Formación e Emprego
Alba Álvarez Núñez
Control de Radiotelevisión do Principado de Asturias, SAU
Edificio da Xunta Xeral do Principado de Asturias en Oviedo.
Está composta polos deputados que elixen os grupos parlamentarios en proporción á súa importancia numérica que designa a Mesa tras escoitar á Xunta de sesións. Presídea o Presidente da Xunta Xeral e a súa Mesa é a da cámara.
Está composta polos portavoces dos grupos parlamentarios e o Presidente da Xunta Xeral. Entre as súas misións destacan a determinación da orde do día das sesións do Pleno, e a designación do número de membros das comisións e a Deputación Permanente. As súas decisións son tomadas por voto ponderado, representando cada portavoz tantos votos como deputados teña o seu grupo parlamentario.
Xunta de Portavoces da Xunta Xeral do Principado de Asturias (XII lexislatura)
É o órgano supremo da Xunta Xeral, formando parte del todos os deputados desta. Os membros do Consello de Goberno poden asistir e intervir nas sesións independentemente de que sexan tamén deputados da Xunta Xeral.
Detalle do escudo no beirado da cúpula do palacio da Xunta Xeral.
É o órgano reitor da Xunta Xeral e ostenta a súa representación colexiada. Componse do Presidente da Xunta Xeral, dous vicepresidentes e dous secretarios. Tamén poden designarse vocais adscritos que asisten con voz e sen voto a algunhas das súas reunións representado a partidos que non teñan ningún deputado nela. Algunhas das súas funcións son:
Ordenar o traballo
Decidir a tramitación de escritos e documentos parlamentarios
Elaborar, dirixir e controlar a execución do orzamento da Xunta Xeral
Organizar a Administración parlamentaria
Reúnese convocada polo Presidente da Xunta Xeral e os seus membros escóllense na sesión constitutiva da cámara, presidida ao inicio por unha Mesa de idade constituída polo deputado electo de maior idade como Presidente asistido polos dous de menor idade como secretarios.
O Presidente da Xunta Xeral ostenta a máxima representación da cámara e elíxese na súa sesión constitutiva entre os deputados desta. Entre as súas misións destacan dirixir os debates, interpretar o regulamento da cámara e fixar de acordo coa Xunta de Portavoces a orde do día das sesións do Pleno. Preside tamén a Mesa, a Xunta de Portavoces e a Deputación Permanente. A continuación pódese ver unha táboa cos presidentes da Xunta Xeral dende 1982.[1]
↑Nestas táboas non se reflexan posibles cambios na composición ao longo da lexislatura.
↑A primeira vez que se constituíu a Xunta Xeral estivo formada polos deputados e senadores nacionais por Asturias, e por 14 membros nomeados en proporción aos resultados nas anteriores eleccións xerais. Durante a lexislatura provisional celebráronse eleccións xerais en España, cambiando por tanto a composición da Xunta. Na táboa tan só se mostra a proporción orixinal por partidos.
↑O goberno durante a IV Lexislatura estivo liderado por Sergio Marqués, elixido polo Partido Popular, sendo expulsado deste partido en xuño de 1998. En febreiro de 1999 afiliouse á URAS.
↑Agustín José Antuña Alonso dende o 6 de marzo de 1982 ata o 14 de xaneiro de 1983 e Eugenio Carbajal Martínez dende o 14 de xaneiro de 1983 ata o 31 de maio de 1983.
↑Dende o 21 de xuño de 1991 ata o 8 de xaneiro de 1993 sendo substituída por Eugenio Carbajal Martínez.
↑Substituído por Faustino González Alcalde nunha sesión celebrada o 18 de marzo de 1999.
*Eugenio Carbajal Martínez dende o 6 de marzo de 1982 ata o 14 de xaneiro de 1983 e María Aurora Puente Uría dende o 14 de xaneiro de 1983 ata o 31 de maio de 1983.
**Dende o 21 de xuño de 1991 ata o 8 de xaneiro de 1993 sendo substituído por Amalia Maceda Rubio
***Substituído por José Ramón García Cañal nunha sesión celebrada o 18 de marzo de 1999.
*Juan Bautista Fernández Fidalgo dende o 6 de marzo de 1982 ata o 14 de xaneiro de 1983 e Antonio García Linares dende o 14 de xaneiro de 1983 ata o 31 de maio de 1983.
**Pelayo Roces Arbesú dase de baixa no Partido Popular, entregando a súa acta de deputado o 3 de xaneiro de 2011.