Agustín José Antuña Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agustín José Antuña Alonso

Escudo de Asturias.svg
Presidente da Deputación Provincial de Oviedo
1977 – 6 de marzo de 1982
Precedido por Juan Luis de la Vallina Velarde
Sucedido por Ninguén

6 de marzo de 1982 – 14 de xaneiro de 1983
Precedido por Ninguén
Sucedido por Eugenio Carbajal Martínez

Concelleiro do Concello de Xixón
1979 – 1983

Datos persoais
Nacemento 19 de marzo de 1927
La Felguera (Langreo), Principado de Asturias Asturias
Falecemento 11 de marzo de 2012
(84 anos)
Xixón, Principado de Asturias Asturias
Partido UCD
Cónxuxe/s Aurora Egocheaga
Profesión Avogado
Alma máter Universidade de Oviedo

Agustín José Antuña Alonso, nado en La Felguera (Asturias) o 19 de marzo de 1927,[1] e finado en Xixón o 10 de marzo de 2012,[2] foi un avogado e político asturiano da Unión de Centro Democrático (UCD).

Licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo.

Entre 1979 e 1983 foi cabeza de lista do concello de Xixón pola UCD sendo concelleiro e xefe da oposición, cargo que compaxinou co de Presidente da Deputación Provincial de Oviedo. Permanece nese posto até a aprobación do Estatuto de Autonomía asturiano o 6 de marzo de 1982, co cal a Deputación intégrase na Administración Autonómica converténdose na Xunta Xeral do Principado de Asturias e Agustín Antuña convértese no seu primeiro presidente provisional, posto que ocupa até o 14 de xaneiro de 1983.

Máis tarde desempeñou diversos cargos como o de decano do Colexio de Avogados de Xixón (1990-2000), conselleiro do Consello Xeral da Avogacía, vicepresidente da Cámara da Propiedade Urbana de Xixón e desde 1980 patrono-fundador da Fundación Príncipe de Asturias.

Concedéronselle varias distincións como a Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort e a Insignia de Ouro do Colexio de Avogados de Xixón. É así mesmo, membro de honra da Academia de Medicina do Principado e é membro de número da Academia de Xurisprudencia do Principado.

Foi presidente da Fundación Foro Jovellanos do Principado de Asturias entre marzo de 1998 e o mesmo mes de 2002.

Predecesor:
Juan Luis de la Vallina Velarde
Presidente da Deputación Provincial de Oviedo
1977 - 1982
Sucesor:
Ninguén
Predecesor:
Ninguén
Presidente da Xunta Xeral do Principado de Asturias
1982 - 1983
Sucesor:
Eugenio Carbajal Martínez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Michavila condecora a Agustín Antuña". La Voz de Asturias. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 23 de maio de 2013. 
  2. ElComercio.es: Fallece Agustín Antuña, primer presidente de la Junta

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]