Saltar ao contido

Consello de Goberno do Principado de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Goberno do Principado de Asturias é unha das institucións estatutarias que conforman o Principado de Asturias, sendo o órgano superior colexiado que dirixe a política e a Administración desta comunidade autónoma española e é, así mesmo, o titular da función executiva e da potestade regramentaria sobre dito territorio.

Composición

[editar | editar a fonte]

Preside o Consello de Goberno o Presidente do Principado de Asturias, quen é elixido pola Xunta Xeral do Principado de Asturias entre os seus membros. Este á súa vez elixe os titulares das consellarías e o vicepresidente, os cales poden ser membros ou non da Xunta Xeral.

Consello de Goberno de 2012[1]

[editar | editar a fonte]
Cargo Nome
Presidencia do Principado de Asturias Javier Fernández Fernández
Consellaría da Presidencia Guillermo Martínez Suárez
Consellaría de Facenda e Sector Público María Dolores Carcedo García
Consellaría de Economía e Emprego Graciano Torre González
Consellaría de Educación, Cultura e Deporte Ana González Rodríguez
Consellaría de Benestar Social e Vivenda María Esther Díaz García
Consellaría de Sanidade Faustino Blanco González
Consellería de Fomento, Ordenación do Territorio e Medio Ambiente Belén Fernández González
Consellaría de Agrogandaría e Recursos Autóctonos María Jesús Álvarez González
  1. El Equipo de Gobierno. Goberno do Principado de Asturias [1] (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazón externa

[editar | editar a fonte]