Escudo de Asturias
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
O Escudo do Principado de Asturias adoptouse oficialmente o 27 de abril de 1984. É rectangular, cuadrilongo e cos extremos ó lado inferior arrodeados e unha punta ou ángulo saínte no centro do devandito lado, coa proporción de seis de alto por cinco de ancho.
Historia e lexislación
[editar | editar a fonte]Trae sobre campo azul a Cruz da Vitoria, en ouro, incrustado con pedras preciosas da súa natural cor, e as letras alpha maiúscula e omega minúscula, tamén de ouro, que penden dos seus brazos destro e sinistro, respectivamente; e en senllas liñas, con letras de ouro, a lenda "HOC SIGNO TVETVR PIVS - HOC SIGNO VINCITVR INIMICVS" (con este emblema deféndese ó piadoso - con este emblema véncese ao inimigo) a primeira na banda dereita e a segunda ao banda esquerda.
Enriba unha coroa real, pechada, que é un círculo de ouro, con pedras preciosas composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de perlas, e de cuxas follas saen senllos diademas sumados de perlas que converxen nun mundo de azul, co semi meridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa forrada, de vermello.
Segundo a lei que o regula, o escudo non poderá ser utilizado como símbolo de identificación por ningunha outra institución pública ou privada que non sexa o Principado de Asturias. Non se admite ningún uso que vaia en detrimento da súa alta significación.
Mantense os escudos existentes naqueles edificios declarados monumentos histórico-artísticos. Tamén os que figuren naqueloutros que formen parte substancial do ornato e decoración.
O Escudo do Principado goza de idéntica protección que os demais símbolos do Estado Español do que a Comunidade Autónoma forma parte.