Eleccións autonómicas de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As eleccións autonómicas de Asturias celebráronse en nove ocasións desde a chegada da democracia ao Principado de Asturias.

En sete delas resultou vencedor o Partido Socialista Obrero Español, noutra o Partido Popular, e noutra Foro Asturias.

Á parte dos xa citados, outros seis partidos obtiveron representación na Xunta Xeral do Principado de Asturias: Izquierda Unida, Bloque por Asturies, Unión Renovadora Asturiana, Centro Democrático y Social, Partíu Asturianista e Partido Comunista de Asturias.

Características[editar | editar a fonte]

As eleccións efectúanse por sufraxio universal dos asturianos mediante voto secreto ás listas pechadas das candidaturas presentadas nas tres circunscricións de Asturias.

A asignación dos 45 escanos da Xunta Xeral do Principado de Asturias realízase a través do sistema D'Hondt segundo os votos obtidos por cada candidatura na súa circunscrición e por orde de lista dentro de cada candidatura.

Eleccións[editar | editar a fonte]