Domingo Frades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Domingo Frades
Nacemento18 de novembro de 1936
Lugar de nacementoSan Martiño de Trebello
Falecemento10 de xaneiro de 2023
Lugar de falecementoBadaxoz
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, tradutor, activista lingüístico e funcionario
editar datos en Wikidata ]

Domingo Frades Gaspar, por veces escrito Dumingu Frades Gaspar[1], nado en San Martiño de Trebello (provincia de Cáceres) o 18 de novembro de 1936[2] e finado en Badaxoz o 10 de xaneiro de 2023,[3] foi un escritor estremeño en mañego. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2004[4].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no seminario de Salamanca e fixo estdos agrícolas en Zaragoza. Funcionario do ministerio de extensión agraria, traballou desde 1970 no servizo de extensión e capacitación agraria de Estremadura, desde onde defendeu a agricultura ecolóxica e a apicultura. Xubilouse en 2001.

Interesado no mantemento das falas galegófonas do Val de Xálima, en 1993 foi un dos fundadores da asociación Fala i Cultura.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Sierra de Gata: donde empieza Extremadura (1983)
  • Apuntes de apicultura (1986) La apicultura extremeña. Apuntes para su historia (1987)
  • Vamus a falal. Notas pâ practical i aprendel a nosa fala )(1994; reeditada en 2000)
  • Versus valeoris da nosa fala. Obra poética mañega (2022; recompilación de poemas seus publicados entre 1971 e 2004)[5]

Con Félix Severino López Fernández e máis con José María González Rodríguez traduciu U Pequenu Príncipi/O Pequenu Príncipe en 2014 e en solitario o Novo Testamento en 2015 co título Novu Testamentu en Fala.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica de Dumingu Frades (El Periódico de Extremadura). 
  2. Costas, X. H. (24 de xaneiro de 2023). "Domingo Frades Gaspar, in memoriam". Real Academia Galega. 
  3. "A RAG lamenta o pasamento do académico correspondente Domingo Frades Gaspar". Real Academia Galega. 10 de xaneiro de 2023. 
  4. Membros correspondentes da RAG
  5. CatalunyaPress.cat. "Mor l'escriptor Domingo Frades Gaspar, destacat defensor de la 'fala' d'Extremadura". Catalunyapress (en catalán). Consultado o 2023-01-10.