Ana Hyde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana Hyde
Anne Hyde by Sir Peter Lely.JPG
Nacemento12 de marzo de 1637
 Windsor
Falecemento31 de marzo de 1671
 Palácio de St. James
Causapuerperal disorder
SoterradaAbadía de Westminster
RelixiónIgrexa Anglicana
Ocupaciónaristócrata
PaiEdward, 1st Earl of Clarendon Hyde
NaiFrances Hyde
CónxuxeXacobe II de Inglaterra
FillosMaría II de Inglaterra, Ana de Gran Bretaña, James Stuart, Duke of Cambridge, Charles Stuart, Duke of Cambridge, Edgar Stuart, Duke of Cambridge e Charles Stuart, Duke of Kendal
IrmánsLaurence Hyde, 1st Earl of Rochester e Henry Hyde
editar datos en Wikidata ]

Ana Hyde (en inglés: Anne Hyde), nada en Windsor o 12 de marzo de 1637 e finada en Londres o 31 de marzo de 1671, foi a duquesa de York e Albany como a primeira esposa do futuro rei Xacobe II. Filla de pai avogado, era orixinalmente unha anglicana. Ela casou con Xacobe en 1660 despois de quedar embarazada, mais tamén se afirma que el prometera se casar con ela un ano antes. Os dous coñecéronse por primeira vez nos Países Baixos mentres ela vivía no coidado de Ana, princesa real e irmá do duque. A parella tivo oito fillos, porén seis morreron sendo aínda nenos. As dúas que sobreviviron foron María, que sucedeu o pai como raíña despois dos eventos da Revolución Gloriosa de 1688, e Ana, que sucedeu o seu cuñado e se tornou a primeira monarca do Reino de Gran Bretaña.

Filla do común Eduardo Hyde, o casamento de Ana con Xacobe é máis coñecido por xerar moitas polémicas. Deu á luz ó seu primeiro fillo dous meses tras o matrimonio, que obviamente fóra concibido antes da unión. Moitos desaprobaban a decisión do duque de casar con Ana, pero non o seu irmán o rei Carlos II. Outra causa de desaprobación era o nivel de afecto público que Xacobe demostraba pola esposa, como bicala e abrazala, accións consideradas como comportamentos pouco axeitados en público para os padróns do século XVII.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Callow, John (2000). Sutton, ed. The Making of King James II: The Formative Years of a King. Gloucestershire. ISBN 0-7509-2398-9. 
  • Gregg, Edward (1984). Queen Anne. Londres e New Haven: Yale University Press. ISBN 0-7448-0018-8. 
  • Henslowe, J. R. (1915). Anne Hyde, Duchess of York. Londres: T. W. Laurie. 
  • Melville, Lewis (2005). The Windsor Beauties: Ladies of the Court of Charles II. Michigan: Loving Healing Press. ISBN 1-932690-13-1. 
  • Miller, John (2000). James II. New Haven: Yale University Press. ISBN 0-300-08728-4. 
  • Waller, Maureen (2002). Ungrateful Daughters: The Stuart Princesses who Stole Their Father's Crown. Londres: Hodder & Stoughton. ISBN 0-312-30711-X. 
  • Weir, Alison (2008). Britain's Royal Families: The Complete Genealogy. Londres: Vintage Books. ISBN 978-0-09-953973-5.