Cruceiro dos Carballiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Cruceiro dos Carballiños
Presentación
LocalizaciónRianxo
DirecciónO Burato (Taragoña)
TipoCruceiro

O Cruceiro dos Carballiños é un cruceiro situado no Burato (Taragoña, Rianxo).

Descrición[editar | editar a fonte]

É de pedra, de plataforma cuadrangular e pedestal cúbico rematado en chafráns. O fuste é circular, e cadrado na base. O capitel é cuadrangular e moldurado, presenta cabezas de anxo con ás e imaxes da Santa Face, coroa de espiñas e cravos. A cruz é basta e cuadrangular. O Cristo crucificado coa cabeza para adiante, mans abertas, coroa de espiños e pergameo de INRI. Virxe orando sobre nubes con dedos das mans entrelazados.