Neper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O neper ou neperio (Np) é unha unidade de medida relativa que se utiliza frecuentemente no campo das telecomunicacións, para expresar relacións entre voltaxes ou intensidades. O seu nome procede de John Napier, o inventor dos logaritmos.

Aínda que non é unha unidade de medida do Sistema Internacional, o seu uso é amplamente aceptado en moitos países, para os mesmos fins que o decibel. A diferenza fundamental entre ambas as unidades é que mentres o decibel está baseado no logaritmo decimal da relación de magnitudes, o neperio estao no logaritmo neperiano da citada relación, vindo o número de nepers determinado pola fórmula:

Np = \ln\frac{x_1}{x_2} = \ln x_1 - \ln x_2

donde x_1 \, y x_2 \, son os valores relacionados, e \ln \, o logaritmo neperiano.

Relación co decibel[editar | editar a fonte]

O neper utilízase maiormente para expresar relacións entre voltaxes ou intensidades mentres que o decibel é máis utilizado para expresar relacións entre potencias. Tendo isto en conta pódese establecer a relación entre ambas as unidades a partir dunha relación de voltaxes:

 \text {1 Np} = \ln \frac{V_1}{V_2}

polo que:

\frac{V_1}{V_2}= e=2,71828182846

Se agora se calcula cantos decibels corresponden a esta relación de tensións, temos:

1\text {Np} = 20 \log e  \approx 8,686 \text {dB}

Aínda que se pode empregar para relaciónss de potencias, voltaxes ou intensidades, no caso de potencias e tendo en conta que:

 P =  \frac{V^2} {R}

o valor en nepers queda determinado pola fórmula:

 \text{Np} = 0,5 \cdot \ln \frac{P_1}{P_2}

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]