Cruceiro da Burata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cruceiro da Burata
Presentación
LocalizaciónRianxo
DirecciónA Burata (Taragoña)
TipoCruceiro

O cruceiro da Burata é un cruceiro localizado na aldea da Burata, na parroquia de Taragoña (Rianxo).

Descrición[editar | editar a fonte]

Atópase sobre unha plataforma cuadrangular de dous graos e pedestal cúbico rematado en chafráns e con paramentos recadrados. O seu fuste é de sección cadrada con chafráns, e paramentos recadrados na base; representado con símbolos da Paixón: Martelo, Tenaces, Escada. O seu capitel é cuadrangular decorado con volutas, follas e querubíns; a súa cruz de sección octogonal con remates florenzados. O Cristo Crucificado coas mans abertas e coroa de espiñas. No reverso, atópase a Virxe Dolorosa sobre peaña de querubín, leva as mans con dedos entrelazados, nimbo de raios arredor da cabeza e espada cravada.

A carón do cruceiro hai un peto de ánimas con representacións do purgatorio.