Villafranca de Córdoba
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Córdoba | |||
Capital | Villafranca de Córdoba (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 4.866 (2023) (83,9 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 58 km² | |||
Altitude | 146 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Francisco Javier Lopez Casado (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 14420 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 14067 | |||
Páxina web | ayto-villafranca.org | |||
Villafranca de Córdoba é unha vila e municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2005 tiña 3.893 habitantes. A súa extensión superficial é de 58 km² e ten unha densidade de 67,1 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 146 metros e a 27 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.
Forma parte da Mancomunidade do Alto Guadalquivir cordobés.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O casco urbano atópase na ribeira dereita do río Guadalquivir e ao pé de Serra Morena. A súa morfoloxía urbana responde aos denominados "pobos de chaira", pois carece de localización defensiva, xa que a súa fundación produciuse cando a fronteira entre cristiáns e musulmáns se encontraba moi afastada, e polo tanto, ao abrigo de ataques.
Historia
[editar | editar a fonte]Acháronse restos arqueolóxicos de época prehistórica, e incluso relaciónase a localidade coa romana "Sacilis" (ou "Cecilia"), existindo un tramo na Vía Augusta nos seus arredores. Mais a súa actual localización é de orixe medieval, cando no século XIV Pedro I de Castela lla cedeu ao seu "Reposteiro Maior", Martín López de Córdoba, con licenza para poboala con novos veciños, cun asentamento que foi estimulado con privilexios e franquías, de onde procede o seu nome actual, que en principio foi "Villafranca del Cascajar". Despois pasou á Orde de Calatrava e máis tarde aos Fernández de Córdoba, para acabar integrándose na casa de Medinaceli xa no século XVIII. Como curiosidade, apuntar que formaba parte do Reino de Xaén, un exclave, denominándose "Villafranca de las Agujas" até a división provincial de Javier de Burgos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villafranca de Córdoba |
- Villafranca de Córdoba - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía